RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Xusta derrota ante a Ponferradina, superior hoxe en Riazor

- Foto: Santiago Lópeixe -   O Deportivo cayó derrotado con toda xustiza (0-3) ante a Ponferradina en Riazor. Os bercianos desarmaron aos coruñeses cunha marcaxe individual que dejó sen resposta aos pupilos de Fern

O Dépor apostou polo mesmo once que o pasado domingo derrotaba ao Mallorca, recuperado Ifrán da súa sobrecarga no cuádriceps dereito.
 
Empezou mellor a Ponferradina, moito máis metido no partido. Yuri, tras zafarse de Lopo e Insua, plantouse só ante Lux e a meta arxentino desviou por moi pouco a saque de esquina.
 
Pouco despois chegou o primeiro tanto berciano. Tras unha boa parede, Juande quedou só de novo ante Lux. A meta volveu repeler a pelota pero o rexeite rebotó na perna de Laure e coouse na meta deportivista. 
 
Aos poucos foise metendo o Deportivo no partido. Un bo centro de Luisinho rematouno Sissoko fóra, na área pequena.
 
A primeira clara do Dépor foi para Juan Carlos, que rematou desde a frontal unha boa asistencia de Rabello de tacón. Desviou ben Santamaría a saque de esquina.
 
A Ponferradina reclamou penalti nun forcejeo entre Lopo e Yuri na área deportivista que acabou con ambos no céspede. O colexiado deixou seguir a xogada.
 
O primeiro tempo acabou co equipo berciano como dono da posesión e chegando con máis perigo á meta rival. 
 
A segunda parte arrincou cunha nova poutada da Ponferradina. Tras un saque de falta, Robusté, no segundo pau, prolongou de cabeza ao pau contrario e Yuri, libre de marca e a pracer, puxo o segundo tanto no marcador.
 
Vázquez cambiou de sistema coa saída de Toché por Juan Carlos e o equipo pasou a xogar con dúas puntas.
 
O rumbo do partido seguiu sendo o mesmo. Aínda puido aumentar a diferenza a Ponferradina cun dobre disparo ao pau de Fofó primeiro e Javi Lara tras recoller o rexeite.
 
De novo Vázquez volveu cambiar de sistema. Retirou a Seoane por Marchena e a Ifrán por Borja. O Dépor pasou a tres centrais, con Luisinho e Laure polas bandas.
 
Nunha das poucas xogadas trenzadas polo ataque deportivista puido chegar o primeiro gol do Deportivo. Borja cabeceou libre de marca na área pequena e Santamaría salvou nunha gran intervención.
 
O terceiro da Ponferradina puxo xa a sentenza na recta final. Berrocal, de tiro raso desde a frontal, pechou o partido.
 
Deportivo: Lux; Laure, Lopo, Insua, Seoane (Marchena, m. 73); Juan Domínguez; Sissoko, Juan Carlos (Toché, m. 60), Rabello, Luisinho; e Diego Ifrán (Borja Bastón, m. 73).
 
Ponferradina: Santamaría; Óscar Ramírez, Samuel, Robusté, Bellvís; Acorán (Alan, m. 91), Jonathan, Juande, Javi Lara; Fofo (Berrocal, m. 76) e Yuri (Cristian, m. 86).
Goles: 0-1, m.10: Laure, en propia porta. 0-2, m. 52: Yuri. 0-3, m. 80: Berrocal.
 
Arbitro: Trujillo Suárez, do colexio canario. Expulsou ao segundo adestrador do Deportivo, Manuel Pombo; e ao técnico da Ponferradina, Claudio Barragán. Ademais, mostrou amarela a Ifrán, Lopo e Toché (min.77) por parte do Dépor.
 
Incidencias: 20.667 afeccionados en Riazor. Gardouse un minuto de silencio polo falecemento de José Luís Sánchez, responsable de mantemento das instalacións do Deportivo, e Perico Vilanova, exentrenador do Barcelona.