RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Xusto e mesmo curto triunfo do Cadete B sobre o Racing de Ferrol B

O Cadete B derrotou (3-1) ao Racing de Ferrol B en Abegondo nun resultado que pode cualificarse como xusto, e ata curto, a tenor dos merecementos dun e outro equipo. Hugo, Jorge e Nils foron os goleadores branquiazuis nun partido dominado polos deportivistas.

Con este resultado, o Cadete B suma 7 puntos de 9 posibles, e instálase na zona alta da clasificación do grupo 1º da Liga Galega.

Cadete B: Ríos, Álvaro, Bocija, Buján, Edward, Melide, Álex, Xavi, Jorge, Iago y Hugo. Tamén xogaron: Nils, Íker, Padín e Álex Gómez.

A próxima fin de semana, o Cadete B visita ao CD Lugo B.

Os resultados do Cadete B ata a data son os seguintes:

Cadete B 1 (Hugo Suárez) - Xuventude de Oroso 1
Galicia de Caranza 1 - Cadete B 3 (Hugo Suárez -2- e Jorge)
Cadete B 3 (Hugo, Jorge e Nils) - Racing de Ferrol B 1