Xuvenís e cadetes ultiman a súa posta a punto para a liga
Os dous equipos xuvenís e os cadetes deportivistas encaran a recta final da súa pretemporada.
Onte sábado xogaron catro amigables, todos eles lonxe da cidade deportiva de Abegondo, concretamente en Santa Cruz de Arrabaldo (Ourense), Elviña (A Coruña) e Dumbría.
O Xuvenil A foi terceiro en Santa Cruz de Arrabaldo (Ourense), no Torneo Manolo Arnoya. Perdeu co Lugo en semifinais e gañou ao Pavillón na final de consolación.
Pola súa banda, tamén onte sábado, o Xuvenil B gañou en Elviña ao Ural A (Liga Galega) (1-3); e o Cadete A caeu co Dumbría (xuvenil A) (3-2).
En Terceira División, novamente o Fabril xogou en Abegondo. Nesta ocasión ante o Bergantiños, hoxe superior ao filial deportivista (1-2). Este partido tería que disputarse en Carballo, pero as obras no campo das Eiroas obrigaron ao Bergantiños a solicitar o cambio de orde de campos.
Os resultados do fin de semana foron os seguintes: