RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
RCDEPORTIVO

Bico de Xeado súmase ao equipo do RC Deportivo para adozar ABANCA-RIAZOR

A marca de xeados artesáns, Bico de Xeado, únese á lista de patrocinadores do Real Club Deportivo que apoiarán tanto ao primeiro equipo masculino como ao feminino, e prometen facer de cada encontro unha experiencia única.

O pasado sábado 16, durante o partido co CE Sabadell FC, fíxose pública no videomarcador de ABANCA-RIAZOR esta alianza de sabores que promete conquistar a todo o deportivismo. A partir do 31 de marzo, no partido Dépor ABANCA-CE Europa, toda a afección poderá gozar dos deliciosos xeados de Bico de Xeado no estadio mentres anima ao seu equipo.

Ademais, os xogadores e xogadoras do Dépor ADT, Pablo Martínez, Raquel García e Jose Ángel puxéronse a proba nunha cata a cegas que moi pronto será publicada nas nosas redes sociais, un contido divertido no que poderemos velos interactuar e probar os diferentes sabores de Bico de Xeado.

Como parte deste acordo, ADT será tamén a encargada de representar e lucir a marca no seu pantalón, unha mostra do compromiso mutuo entre Bico de Xeado e o Dépor, unha combinación imbatible.

Este delicioso e refrescante vínculo reflicte o espírito de unidade e excelencia que define tanto ao RC Deportivo como a Bico de Xeado, cun xeado galego, 100 % natural e tan saudable como o Dépor. Preparádevos para unha temporada chea de sabores e emocións refrescantes!