RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Michi Apóstol inicia esta madrugada ante Paraguay a Fase Final do Campionato Suramericano sub-20

Michi Apóstol está concentrada coa selección venezolana sub-20 no Campionato Suramericano que se disputa durante este mes en Guayaquil (Ecuador).

A futbolista branquiazul inicia esta madrugada en España (1:30) ante Paraguay a Fase Final no Estadio Modelo Alberto Spencer Herrera.

As paraguaias accederon como campioas do grupo A mentres que as venezolanas como terceiras clasificadas do grupo B.

Os rivais na Primeira Fase da 'Vinotinto' foron Bolivia, Colombia, Brasil e Chile. Michi Apóstol xogou completos os 4 partidos.

O sábado pola noite en España, Venezuela derrotou pola mínima (1-0) a Chile cun gol de Mariana Barreto no minuto 80 que outorgou a clasificación.

A madrugada do venres, Venezuela caeu (1-2) pola mínima ante Brasil.

Michi Apóstolo dispuxo dalgún bo remate á portería brasileira como no minuto 54, desde máis de 30 metros; ou no minuto 60, desviado.

A segunda cita para Venezuela neste torneo foi na madrugada do pasado mércores en España, ante Colombia.

Venceron as colombianas (4-1) nun partido que se puxo costa arriba para a branquiazul xa aos 2 minutos cun gol en propia porta.

Michi Apóstol gozou dalgunha oportunidade como un remate no minuto 58. Ademais, no minuto 83 asistiu a Rebecca Veiga, que disparou ao poste da portería de Colombia.

O primeiro partido para a deportivista foi o pasado venres 12 fronte a Bolivia.

Anotou no minuto 53 un do seis goles do seu equipo ante as bolivianas (6-0) mediante un disparo raso dentro da área. Ademais asistiu a Francelis Graterol no sexto tanto.

Puido marcar algún gol máis por exemplo un remate ao traveseiro no minuto 36 ou un disparo que se foi lixeiramente desviado no 83.

O calendario de partidos das venezolanas no Campionato Suramericano, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Venres 12 de abril
VENEZUELA 6 - BOLIVIA 0

Mércores 17 de abril
COLOMBIA 4 - VENEZUELA 1

Venres 19 de abril
VENEZUELA 1 - BRASIL 2

Sábado 20 de abril
VENEZUELA 1 - CHILE 0

Fase Final
Mércores 24 de abril
1:30: PARAGUAI - VENEZUELA, no Estadio Alberto Spencer Herrera

Michi Apóstol é unha dos membros de #ANOSACANTEIRA que están no radar das categorías inferiores das diferentes seleccións nacionais como tamén Elena Vázquez, Lucía Rivas, Antía Veiga, Claudia Sande, Kevin Sánchez, José Rey ou Pablo García con España; Dunia Dahmouni e Amin Moustapha con Marrocos; ou Álex Delgado tamén con Venezuela.