RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

O Dépor, que segue partido a partido, preparará con 4 sesións a visita do CD Arenteiro a ABANCA-RIAZOR

Despois duns días de descanso, o Dépor comeza mañá mércores 24 de abril a preparar a seguinte cita ligueira, de novo en ABANCA-RIAZOR, coa visita do CD Arenteiro, prevista para o domingo 28 de abril ás 19:00 (TVG-2 e FEF TV).

Davo, en zona mixta o pasado sábado, subliñou que "imos partido a partido. O importante é o CD Arenteiro, gañarlle aquí en casa outra vez e seguir restando puntos. Ese é o camiño que temos que seguir".

Os resultados da última xornada, co triunfo branquiazul ante a Cultural Leonesa (2-0) en ABANCA-RIAZOR, deixaron a Os Nosos á fronte da táboa con 67 puntos por 61 do FC Barcelona B e 60 do Nástic de Tarragona. SD Ponferradina e Celta Fortuna suman 57 puntos a continuación.

Imanol Idiakez disporá esta semana de catro sesións matinais en Abegondo, con almorzo previo cada día para o cadro a partir das 8:30.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Mércores 24 de abril
11:00 h.

Xoves 25 de abril
11:00 h.

Venres 26 de abril
11:00 h.

Sábado 27 de abril
11:00 h.

Domingo 28 de abril
19:00: Deportivo - CD Arenteiro, en ABANCA-RIAZOR