RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
FUNDACIÓN

O RC Deportivo pon en marcha o seu novo programa de Voluntariado coa xornada de LaLiga Genuine en marzo en Abegondo

O RC Deportivo pon en marcha o seu novo programa de Voluntariado para accións sociais, unha aposta da Fundación RC Deportivo no seu compromiso de cambio social pola que anima a todos os que forman parte da gran familia deportivista a crear alianzas colaborativas e impulsar a solidariedade.

A primeira acción estará enfocada na xornada de LaLiga Genuine que terá lugar os días 15, 16 e 17 de marzo na Cidade Deportiva de Abegondo. O RC Deportivo exercerá de anfitrión dunha das dúas sedes da segunda xornada de LaLiga Genuine (a outra xa tivo lugar en Cádiz os días 2, 3 e 4 de febreiro) na que competirán 24 equipos, o que supón ao redor de 500 participantes entre xogadores e adestradores.

O programa de voluntariado do RC Deportivo forma parte do Voluntariado Galego da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e cumpre cos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS) para a axenda 2030 de Nacións Unidas: xerar impactos positivos na nosa contorna, conseguindo que todas as persoas vinculadas ao Club e á súa Fundación teñan máis presenza na sociedade e que cada día poidan devolverlle todo o que esta lles dá. Con esa paixón e con esas ganas de axudar, a Fundación RC Deportivo promove a participación de persoas empregadas, socias, accionistas, afeccionadas, institucións e colaboradoras en distintas accións ao longo do ano.

Se es deportivista, maior de idade e queres participar nos proxectos da nosa Fundación e deferentes iniciativas con impacto social da man do club, podes apuntarche no noso formulario.

Unha vez recibida a túa petición contactaremos contigo para pasar á fase de entrevistas persoais. Posteriormente confirmarémosche como membro do equipo de voluntariado cun contrato de adhesión ao programa de voluntariado. Após unha fase de formación, pasarás a ser parte activa da plataforma de voluntariado.