RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
RCDEPORTIVO

Paulo Dinis de Brito Gomes, novo responsable de Planificación, Administración e Finanzas do RC Deportivo

O RC Deportivo incorpora a Paulo Dinis de Brito Gomes, experto en economía, finanzas e xestión deportiva, como novo responsable de Planificación, Administración e Finanzas do Club. De Brito Gomes releva neste posto a David Villasuso, que deixará tamén o seu posto como secretario do Consello de Administración e retomará as súas responsabilidades profesionais en ABANCA despois de tres anos de traballo na entidade deportivista.

Paulo Dinis de Brito Gomes é licenciado en Economía pola Universidade de Sao Paulo, ten un Máster en Economía e Finanzas e é MBA en Xestión Deportiva na Escola Universitaria Real Madrid - Universidade Europea, ademais de estar certificado en Análise de Negocio pola Universidade de Cambridge. Conta con quince anos de experiencia como analista e coordinador de estratexia en varias entidades financeiras e empresas. Suma a esta bagaxe profesional a súa traxectoria no desenvolvemento comercial e internacionalización da Escola Universitaria Real Madrid, e recentemente estaba a traballar en LALIGA no seu proxecto educativo. O RC Deportivo dá a benvida a esta nova incorporación e agradece a David Villasuso o seu gran labor durante os últimos anos.