RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Resultados en ANOSACANTEIRA, con empates a dous en Abegondo de Fabril e Dépor ABANCA B

A xornada de hoxe domingo 14 de abril en #ANOSACANTEIRA estivo marcada polos partidos das dúas filiais, esta tarde en Abegondo.

O Fabril de Segunda Federación (na foto da noticia) empatou (2-2) co CD Guijuelo, un dos aspirantes aos postos de play off de ascenso.

Foi baixa Jairo, que viu dobre cartón amarelo a pasada fin de semana ante o CD Cayón; do mesmo xeito que os lesionados Vilán, Martín Ochoa e Puerto.

Óscar Gilsanz recuperou para o encontro a Lache, ao cabo autor do primeiro gol; e na segunda parte a Rubén López, a pesar de que xogou onte sábado os últimos 16 minutos en Teruel e chegou á Coruña pasadas as 9:00 da mañá após unha noite no autocar.

Marcaron dous defensas (Lache e Marotías) e debutou o xuvenil Adrián Guerrero na segunda metade. Os seus 11 goles na División de Honra co Xuvenil A non pasaron desapercibidos para Óscar Gilsanz.

Media hora antes o Dépor ABANCA B, 2º clasificado en Tercera Federación FutFem, tamén igualou a dous co Olímpico de León (3º) grazas a un dobrete de Paula Monteagudo.

Foi baixa Michi Apóstol, que disputa con Venezuela o Campionato Suramericano sub-20 que arrincou o pasado venres en Guayaquil (Ecuador).

As futbolistas branquiazuis Elena Vázquez, Lucía Rivas e Sara Cercido; xunto ás orzanistas Yaiza García, Emma Gandoy Laura Santos e Noelia Mayo estiveron nun adestramento coa selección galega sub-17 onte mércores 10 de abril no campo da Braña en Rois.

Ademais, o Xuvenil B sumou 1 punto ao tamén empatar (2-2) no campo Manolo Barreiro de Pontevedra ante o AJ Lérez un partido no que sempre foi a remolque no marcador.

A xornada dominical abriuna en Abegondo o Alevín, colíder do Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11 empatado a puntos co CD Lugo. Os branquiazuis dobregaron pola mínima (2-1) ao CD Calasanz, 3º.

Como é habitual, os 'orzanes' puxeron o punto e final ao fin de semana: o Orzán SD Xuvenil Femenino en San Pedro de Visma ante o Victoria CF B (1-1), o Orzán SD B sub-16 Femenino na Torre ante o SE Abellá SDEC (3-0) e o Orzán SD Infantil B Femenino nos Regos (0-0) ante o AD Cristo Rey.

Onte sábado 13 de abril disputáronse 9 partidos con representación deportivista.

En Abegondo, pola mañá o Cadete venceu ao Racing de Ferrol (4-1); e pola tarde o Xuvenil A, na pelexa polo título da División de Honra, ao CD Lugo (1-0) cun gol de Noé no minuto 82.

Os cadetes branquiazuis Rodrigo Leiva, Íker Fernández, Miguel de Labra, Nico Ruiz e Pablo García; con Gael Irimia, Mauro Valeiro e Samba Wade do San Tirso SD Cadete xogaron pasado martes 9 de abril un amigable coa selección galega sub-16 ante o RC Celta de Liga Nacional xuvenil.

Tamén como locais o Orzán SD Cadete enfrontouse ao Bergantiños CF (7-0), o San Tirso SD Infantil ao Pabellón Ourense CF (1-2), o Fabril FC Alevín ao ED Luis Calvo Sanz (8-2) e o Fabril FC Benxamín ao Victoria CF (0-2).

As orzanistas Antía Veiga, Claudia Sande e Daniela Macedo participaron coa selección galega sub-15 nun adestramento onte mércores 10 de abril no campo da Braña (Rois).

Fóra de casa o Orzán SD Infantil A Femenino mediuse ao Antas SD (1-9), o San Tirso SD Cadete ao Ural Español CF (0-0) e o Benxamín Á o ED Luis Calvo Sanz (1-9).

A xornada abrírona o venres dous partidos.

En Abegondo, o Infantil, líder destacado da División de Honra, venceu en Abegondo (5-0) ao Bertamiráns FC.

Os infantís deportivistas Lucas López, Daniel López, Eder Vilas, Nico Naveiras, Raúl Lema, Roi Castro e Sergio Cortizo; ademais de Antón Vilariño e Hugo Ferreiros do San Tirso SD Infantil xogaron coa selección galega sub-14 un amigable o pasado martes 9 de abril na Madroa ante o RC Celta de Liga Galega cadete.

E no Monte, o Alevín A, á fronte da Fase polo Título da Primera A Coruña de fútbol 8, impúxose (0-2) ao San Tirso SD.

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Categoría feminina
Tercera Federación FutFem, 26ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B 2 (Paula Monteagudo -2-) - OLÍMPICO DE LEÓN 2

Primera Autonómica, 25ª xornada: VICTORIA CF B 1 - ORZÁN SD XUVENIL FEMENINO 1 (Ana Capelo)

Segunda Autonómica, subgrupo 1º, 25ª xornada: ORZÁN SD B SUB-16 FEMENINO 3 (Daniela Macedo -3-) - SE ABELLÁ SDEC 0

Liga Galega, subgrupo 1º, 25ª xornada: ORZÁN SD CADETE FEMENINO 7 (Daniela Macedo -4-, Candela González, Sofía Rodríguez e Sofía Milhem) - BERGANTIÑOS CF 0

Liga Galega, subgrupo 1º, 25ª xornada: ANTAS SD 1 - ORZÁN SD INFANTIL A FEMENINO 9 (Uxía Fariña, Marta Moreno -4-, Claudia Sande -3- e Martina Vázquez)
Liga Galega, subgrupo 1º, 25ª xornada: AD CRISTO REY 0 - ORZÁN SD INFANTIL B FEMENINO 0

Segunda Federación
31ª xornada: FABRIL 2 (Lache y Marotías) - CD GUIJUELO 2

Categoría xuvenil
División de Honra, 27ª xornada: XUVENIL A 1 (Noé) - CD LUGO 0

Liga Nacional, 29ª xornada: AJ LÉREZ 2 - XUVENIL B 2 (Rubén e Lucas)

Categoría cadete
División de Honra, 27ª xornada: CADETE 4 (Miguel de Labra -3- e Janusz) - RACING DE FERROL 1
División de Honra, 27ª xornada: URAL ESPAÑOL CF 0 - SAN TIRSO SD CADETE 0

Categoría infantil
División de Honra, 25ª xornada: INFANTIL 5 (Nikolay, Esteban, Raúl, Sergio Cortizo e Javi Seoane) - BERTAMIRÁNS FC 0
División de Honra, 25ª xornada: SAN TIRSO SD INFANTIL 1 (Pablo Barral) - PABELLÓN OURENSE CF 2

Categoría alevín
Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11, subgrupo norte, 7ª xornada: ALEVÍN 2 (Diego Gómez -2-) - CD CALASANZ 1

Fase polo Título da Primera A Coruña de fútbol 8, 4ª xornada: SAN TIRSO SD 0 - ALEVÍN A 2 (Álvaro Gómez e Hugo Macedo)
Fase polo Título da Primera A Coruña de fútbol 8, 4ª xornada: FABRIL FC ALEVÍN 8 (Alejandro Astray -3-, Íker Ferreiro, -2-, Miguel Candal, Hugo Quintela e Nico Rodríguez-Ponce) - ED LUÍS CALVO SANZ 2

Categoría benxamín
Fase polo Título da Primera A Coruña de fútbol 8, 4ª xornada: ED LUÍS CALVO SANZ 1 - BENXAMÍN A 9 (Mateo Songo'o -5-, Adrián Liñares, Álex Casado, Mateo Cardelle e Leo Lorenzo)
Fase polo Título da Primera A Coruña de fútbol 8, 4ª xornada: FABRIL FC BENXAMÍN 0 - VICTORIA CF 2