Semana longa para As Nosas con ABANCA-RIAZOR e o Cacereño Femenino no horizonte
O Dépor ABANCA arrincou esta mañá na Cidade Deportiva unha semana longa de traballo co partido do domingo 21 de abril ás 12:00 (Youtube RC Deportivo) ante o Cacereño Femenino no horizonte, correspondente á 24ª xornada en Primera Federación Iberdrola.
Os resultados da pasada fin de semana, co triunfo en Lezama (0-1) ante o Athletic Club B, deixaron ás Nosas con 52 puntos, os mesmos que o FC Barcelona, líder polo golaverage particular e que non pode ascender á Liga F pola súa condición de filial. O RCD Espayol é 3º con 48 puntos.
Irene Ferreras terá, coa de hoxe luns, 5 sesións de adestramento matinais na Cidade Deportiva, con ximnasio previo cada día antes de saltar ao céspede ás 10:00 horas.
Haberá ademais un día libre para o cadro, o xoves 18.
Así pois, a planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:
Luns 15 de abril 10:00 h.
Martes 16 de abril 10:00 h.
Mércores 17 de abril 10:00 h.
Xoves 18 de abril Descanso
Venres 19 de abril 10:00 h.
Sábado 20 de abril 10:00 h.
Domingo 21 de abril 12:00: Deportivo ABANCA - Cacereño Femenino, en ABANCA-RIAZOR