RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Triunfos do Infantil e Alevín A para arrincar unha fin de semana con 9 partidos xa mañá sábado

Dous triunfos branquiazuis abriron hoxe venres o calendario de partidos en #ANOSACANTEIRA.

En Abegondo, o Infantil, líder destacado da División de Honra, venceu (5-0) ao Bertamiráns FC.

Os infantís deportivistas Lucas López, Daniel López, Eder Vilas, Nico Naveiras, Raúl Lema, Roi Castro e Sergio Cortizo; ademais de Antón Vilariño e Hugo Ferreiros do San Tirso SD Infantil xogaron coa selección galega sub-14 un amigable o pasado martes 9 de abril na Madroa ante o RC Celta de Liga Galega cadete.

E no Monte, o Alevín A, á fronte da Fase polo Título da Primera A Coruña de fútbol 8, impúxose (0-2) ao San Tirso SD.

Mañá sábado 13 de abril dispútanse 9 partidos con representación deportivista.

En Abegondo, pola mañá (11:30) o Cadete recibe ao Racing de Ferrol; e pola tarde (16:30) o Xuvenil A, na pelexa polo título da División de Honra, mídese ao CD Lugo.

Os cadetes branquiazuis Rodrigo Leiva, Íker Fernández, Miguel de Labra, Nico Ruiz e Pablo García; con Gael Irimia, Mauro Valeiro e Samba Wade do San Tirso SD Cadete xogaron o pasado martes 9 de abril un amigable coa selección galega sub-16 ante o RC Celta de Liga Nacional xuvenil.

Tamén como locais o Orzán SD Cadete enfróntase ao Bergantiños CF (16:00 no campo 2 da Torre), o San Tirso SD Infantil ao Pabellón Ourense CF (ás 16:00 no Monte), o Fabril FC Alevín ao ED Luis Calvo Sanz (ás 12:30 no campo 1.2 da Torre) e o Fabril FC Benxamín ao Victoria CF (ás 10:30 no campo 1.2 da Torre).

As orzanistas Antía Veiga, Claudia Sande e Daniela Macedo participaron coa selección galega sub-15 nun adestramento onte mércores 10 de abril no campo da Braña (Rois).

Fóra de casa o Orzán SD Infantil A Femenino mídese ao Antas SD (16:30), o San Tirso SD Cadete ao Ural Español CF (10:00 na Grela 1) e o Benxamín Á o ED Luis Calvo Sanz (10:30 no Anexo As Eiroas).

O domingo 14 de abril pola tarde compiten en Abegondo os dous filiais.

O Fabril mídese a partir das 17:00 (Youtube RC Deportivo) ao CD Guijuelo, un dos aspirantes aos postos de play off de ascenso.

Será baixa Jairo, que viu dobre cartón amarelo a pasada fin de semana ante o CD Cayón; do mesmo xeito que Martín Ochoa, cunha lesión muscular no recto anterior da súa perna esquerda.

O Club mantén activo o protocolo de apertura con rexistro de asistentes da Cidade Deportiva.

Poden retirar entradas dispoñibles, até esgotar as localidades e sen ningún custo adicional, todos os socios e socias do RC Deportivo que o tramiten formalmente a través da web bancada.rcdeportivo.es, na que deberán introducir a súa ID de socio e os 4 últimos números do DNI. A continuación, seleccionar un asento e posteriormente completar os seus datos de contacto e a dirección de correo electrónico onde recibir a entrada.

Con eses mesmos datos doutras persoas socias, unha única pode retirar máis dunha entrada nunha soa xestión e, deste xeito, seleccionar asentos contiguos ou próximos.

Este procedemento ten dous fins: poder solicitar e recibir a entrada e, ademais, levar un control de repartición e localización na instalación.

O RC Deportivo solicita que unicamente tramiten a entrada aqueles socios e socias que vaian poder acudir, para evitar que queden afeccionados sen poder asistir unha vez completado a repartición da bancada nun proceso 100 % telemático.

Tamén está habilitado simultaneamente o sistema de venda de entradas para o público en xeral, a través da mesma plataforma en bancada.rcdeportivo.es e seguindo o preceptivo sistema de rexistro e pago de localidade. O prezo de cada entrada para afeccionados sen carné do RC Deportivo é de 10 euros.

Media hora antes, ás 16:30, o Dépor ABANCA B, 2º en Tercera Federación FutFem, mídese ao Olímpico de León (3º).

No filial é baixa Michi Apóstol, que disputa con Venezuela o Campionato Suramericano sub-20 que arrinca hoxe venres en Guayaquil (Ecuador).

As futbolistas branquiazuis Elena Vázquez, Lucía Rivas e Sara Cercido; xunto ás orzanistas Yaiza García, Emma Gandoy, Laura Santos e Noelia Mayo estiveron nun adestramento coa selección galega sub-17 onte mércores 10 de abril no campo da Braña en Rois.

Ademais, o Xuvenil B buscará dar outro paso cara ao título ás 12:00 no campo Manolo Barreiro de Pontevedra ante o AJ Lérez.

A xornada dominical ábreo en Abegondo o Alevín, colíder do Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11 empatado a puntos co CD Lugo. Os branquiazuis reciben ás 12:00 ao CD Calasanz, 3º con 1 punto menos.

Como é habitual, os 'orzanes' porán o punto e final ao fin de semana: o Orzán SD Xuvenil Femenino en San Pedro de Visma ante o Victoria CF B (18:00), o Orzán SD B sub-16 Femenino na Torre ante o SE Abellá SDEC (18:00) e o Orzán SD Infantil B Femenino en Os Regos (11:45) ante o AD Cristo Rey.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Categoría feminina
26ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B - OLÍMPICO DE LEÓN, o domingo 14 de abril ás 16:30 en Abegondo
Clasificación da Tercera Federación FutFem: 1. Real Avilés CF, 69 puntos; 2. Deportivo ABANCA B, 59 puntos; 3. Olímpico de León, 49 puntos...

25ª xornada: VICTORIA CF B - ORZÁN SD XUVENIL FEMENINO, o domingo 14 de abril ás 18:00 en San Pedro de Visma (campo 2)
Clasificación da Primera Autonómica: 1. Orzán SD Xuvenil Femenino, 55 puntos; 2. Bergantiños CF, 53 puntos; 3. Tomiño FC Feminino, 46 puntos... 8. Victoria CF B, 34 puntos...

25ª xornada: ORZÁN SD B SUB-16 FEMENINO - SE ABELLÁ SDEC, o domingo 14 de abril ás 18:00 na Torre (campo 2)
Clasificación da Segunda Autonómica, subgrupo 1º: ... 3. SE Abellá SDEC, 50 puntos... 8. Brexo Lema SD, 36 puntos; 9. SD Antas e UC Cee, 35 puntos; 11. Orzán SD B sub-16 Femenino, 34 puntos; 12. Cultural Maniños, 25 puntos...

25ª xornada: ORZÁN SD CADETE FEMENINO - BERGANTIÑOS CF, mañá sábado 13 de abril ás 16:00 na Torre (campo 2)
Clasificación da liga Galega, subgrupo 1º: 1. Orzán SD Cadete Femenino (un partido máis), 69 puntos; 2. Victoria CF, 60 puntos... 7. Bergantiños CF, 34 puntos...

25ª xornada: ANTAS SD - ORZÁN SD INFANTIL A FEMENINO, mañá sábado 13 de abril ás 16:30 no Municipal Castro Seoane (Antas de Ulla)
25ª xornada: AD CRISTO REY - ORZÁN SD INFANTIL B FEMENINO, o domingo 14 de abril ás 11:45 no campo Leonardo Maceiras (Os Regos, Oleiros)
Clasificación da Liga Galega, subgrupo 1º: 1. Victoria CF, 64 puntos; 2. Orzán SD Infantil A Femenino, 62 puntos; 3. Racing de Ferrol, 55 puntos... 6. Antas SD (un partido máis), 39 puntos... 11. Arzúa FCF,  21 puntos; 12. Orzán SD Infantil B Femenino, 17 puntos; 13. AD Cristo Rey (un partido máis), 15 puntos; 14. Club Rosalía Mera (un partido máis), 3 puntos...

Segunda Federación
31ª xornada: FABRIL - CD GUIJUELO, o domingo 14 de abril ás 17:00 en Abegondo
Clasificación: ... 4. CD Guijuelo, 47 puntos... 8. SD Compostela, 40 puntos; 9. Real Avilés Industrial, 38 puntos; 10. Real Valladolid Promesas, 37 puntos; 11. Marino de Luanco e Fabril, 36 puntos; 13. RS Gimnástica de Torrelavega, 34 puntos; 14. Racing Villalbés, 33 puntos; 15. Real Oviedo Vetusta, 30 puntos...

Categoría xuvenil
27ª xornada: XUVENIL A - CD LUGO, mañá sábado 13 de abril ás 16:30 en Abegondo
Clasificación da División de Honra: 1. Real Racing Club, 61 puntos; 2. Xuvenil A e RC Celta, 57 puntos; 4. Real Oviedo, 54 puntos... 11. CD Lugo, 30 puntos...

29ª xornada: AJ LÉREZ - XUVENIL B, o domingo 14 de abril ás 12:00 no campo Manolo Barreiro (nº 2)
Clasificación da Liga Nacional: 1. Xuvenil B, 76 puntos; 2. RC Celta B, 69 puntos... 9. AJ Lérez, 35 puntos... 

Categoría cadete
27ª xornada: CADETE - RACING DE FERROL, mañá sábado 13 de abril ás 11:30 en Abegondo
27ª xornada: URAL ESPAÑOL CF - SAN TIRSO SD CADETE, mañá sábado 13 de abril ás 10:00 na Grela 1
Clasificación da División de Honra: 1. Cadete, 76 puntos; 2. RC Celta, 65 puntos... 5. Salgueiriños FC, 39 puntos; 6. ED Val Miñor Nigrán, Ural Español CF e San Tirso SD Cadete, 38 puntos; 9. ED Xuventude de Oroso, 37 puntos; 10. CD Lugo, 31 puntos...

Categoría infantil
25ª xornada: INFANTIL 5 (Nikolay, Esteban, Raúl, Sergio Cortizo e Javi Seoane) - BERTAMIRÁNS FC 0
25ª xornada: SAN TIRSO SD INFANTIL - PABELLÓN OURENSE CF, mañá sábado 13 de abril ás 16:00 no Monte
Clasificación da División de Honra: 1. Infantil (un partido máis), 73 puntos; 2. RC Celta, 62 puntos... 8. Pabellón Ourense CF, 34 puntos; 9. AJ Lérez, 33 puntos; 10. CD Conxo Santiago, UD Santa Mariña e SD San Tirso Infantil, 28 puntos; 13. CD Lugo, 22 puntos...

Categoría alevín
7ª xornada: ALEVÍN - CD CALASANZ, o domingo 14 de abril ás 12:00 en Abegondo
Clasificación do Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11, subgrupo norte: 1. Alevín e CD Lugo, 16 puntos; 3. CD Calasanz, 15 puntos; 4. Ural Español CF, 12 puntos... 

4ª xornada: SAN TIRSO SD 0 - ALEVÍN A 2 (Álvaro Gómez e Hugo Macedo)
4ª xornada: FABRIL FC ALEVÍN - ED LUÍS CALVO SANZ, mañá sábado 13 de abril ás 12:30 na Torre (campo 1.2)
Clasificación da Fase polo Título da Primera A Coruña de fútbol 8: 1. Alevín A (un partido máis), 12 puntos; 2. Sada CF A, 9 puntos; 3. San Tirso SD (un partido máis), CD Calasanz e FabrilFC Alevín, 3 puntos; 6. ED Luis Calvo Sanz, 0 puntos

Categoría benxamín
4ª xornada: ED LUÍS CALVO SANZ - BENXAMÍN A, mañá sábado 13 de abril ás 10:30 no Anexo As Eiroas (Carballo)
4ª xornada: FABRIL FC BENXAMÍN - VICTORIA CF, mañá sábado 13 de abril ás 10:30 en La Torre (campo 1.2)
Clasificación da Fase polo Título da Primera A Coruña de fútbol 8: 1. Benxamín A, 9 puntos; 2. Victoria CF, Fabril FC Benxamín e ED Luis Calvo Sanz, 6 puntos...