RCD / NOVAS

Prezos das entradas para o Dépor-Real Madrid da estrea de Liga

21/07/2017 19:24

En canto os sistemas de ticketing de LaLiga e o desenvolvemento da campaña de abonos do Real Club Deportivo o permitan, poranse á venda nos despachos de billetes do Palacio de los Deportes de Riazor, as entradas para o primeiro partido de LaLiga Santander 2017-2018, que enfrontará ao Dépor e o Real Madrid o fin de semana do 20 de agosto.

Os prezos fixados para o primeiro paquete de 1.500 entradas que sairán á venda son 120 euros (Tribuna Superior), 110 euros (Tribuna Inferior) e 100 euros (Preferencia Superior).

En función do desenvolvemento da campaña de abonos poderíanse poñer máis localidades á venda. O Real Club Deportivo quere lembrar a todos os seus abonados que ata o 5 de agosto, día da celebración do Teresa Herrera, teñen garantida a posibilidade de renovar o seu abono no mesmo asento que a temporada pasada, butaca que, de non renovarse antes desa data, liberarase para cambios ou novas altas de socios.

Gozar do partido do Teresa Herrera, do Dépor-Real Madrid e de todos os demais partidos de LaLiga Santander e a Copa do Rei está ao alcance de todos os petos facéndose abonado do Dépor para a Temporada 2017-2018.

Estes son os prezos dos abonos: