RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Victoria Benxamín e o Calasanz Prebenxamín, campións do XXII Mini Teresa Herrera

O Victoria, en categoría Benxamín, e o Calasanz, en Prebenxamín, proclamáronse campións da XXII edición do Mini Teresa Herrera, que se disputou esta tarde no Estadio ABANCA-RIAZOR.

Na final Benxamín, o Victoria impúxose ao Calasanz por 5-3, mentres que no torneo Prebenxamín foi o Calasanz o que derrotou ao Victoria por 3-1.

Campións e subcampións recibiron os seus trofeos sobre o céspede do Estadio ABANCA-RIAZOR despois dunha xornada inesquecible, na que numeroso público ocupou os asentos de ambos os fondos, Pavillón (metade do campo na que se disputou a final Benxamín) e Marathón (onde se xogou a final Prebenxamín).