RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Deportivo e a SD Huesca chegan a un acordo para o traspaso de Luisinho

O Deportivo e a SD Huesca, equipo recentemente ascendido a LaLiga Santander, chegaron hoxe a un acordo para o traspaso de Luisinho ao equipo aragonés.

Con esta operación conclúe, tras cinco tempadas, a relación entre o lateral esquerdo portugués e o Dépor, co que disputou 151 partidos oficiais entre LaLiga e a Copa do Rey, marcando 5 goles, dando 11 asistencias e converténdose no futbolista, ata o día de hoxe, con máis tempadas defendendo a camiseta do Club dos que formaron o persoal a pasada tempada.

O Real Club Deportivo quere agradecer moi sinceramente a Lusinho a súa aposta polo Dépor fai cinco anos e a súa paixón e traballo durante esta etapa defendendo as nosas cores, desexándolle a maior das sortes no seu inmediato futuro profesional en terras aragonesas, e no resto da súa traxectoria deportiva e persoal.