RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Real Betis e Granadilla Tenerife, rivais do Dépor e do Dépor ABANCA no Trofeo Teresa Herrera 2019

O Real Betis Balompié e a UD Granadilla Tenerife serán os rivais do Dépor no Trofeo Teresa Herrera 2019.

O equipo verdibranco loitará co Deportivo polo trofeo máis antigo do mundo no que a torneos amigables refírese, que este verán alcanza a súa septuaxésimo cuarta edición ininterrompida, mentres que a VII Edición do trofeo en categoría feminina dirimirana o Dépor ABANCA e o equipo tinerfeño do Granadilla.

O Real Betis é un dos históricos do fútbol español, gañador de 1 Liga e 2 Copas do Rei, que aínda non disputara o Teresa Herrera nos seus case tres cuartos de século de historia.

Para o torneo feminino o invitado é un dos grandes equipos do fútbol feminino, o UD Granadilla, que competirá a próxima temporada na liga Iberdrola co Dépor ABANCA. Na temporada recentemente finalizada as tinerfeñas acabaron cuartas, superadas só polo Atlético de Madrid, FC Barcelona e Levante UD.

O Torneo disputarase o sábado 10 de agosto no Estadio Municipal ABANCA-RIAZOR nestes horarios:

18:30 h. Dépor ABANCA - UD Granadilla
21:00 h. Dépor - Real Betis

Por tanto, as datas e horarios pechados polo momento no calendario de traballo do Dépor son:

Luns 15 de xullo: Cidade Deportiva de Abegondo, inicio de adestramentos
Mércores 24 de xullo: Cidade Deportiva de Abegondo, Deportivo-Fabril
Sábado 27 de xullo: Cantarrana (Viveiro), Deportivo-Racing de Ferrol
Mércores 31 de xullo: Pasarón (Pontevedra), 21:00 h. Deportivo-Tenerife; 22:00 h. Pontevedra-Deportivo
Sábado 3 de agosto: A Magdalena (Vilalba), Deportivo-SD Ponferradina
Sábado 10 de agosto: ABANCA-Riazor, 21:00 h. Deportivo-Real Betis

Pola súa banda, as citas de pretemporada previstas até o día de hoxe para o Dépor ABANCA son as seguintes:

Luns 22 de xullo: Cidade Deportiva de Abegondo, inicio de adestramentos
Venres 4 de agosto: Deportivo ABANCA - Madrid CFF no campo da Eragudina de Astorga
Sábado 10 de agosto, 18:30 h.: Deportivo ABANCA - UD Granadilla no Estadio ABANCA RIAZOR
Sábado 17 de agosto, Trofeo 'tres nun' Villa de Jovellanos: Deportivo ABANCA, Sporting de Gijón e Real Oviedo Feminino, no campo de Santa Cruz (Xixón)
Sábado 31 de agosto: SC Braga - Deportivo, en Braga (Portugal)