RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

A clausura da III Liga Social Ciudad de A Coruña · RC Deportivo, mañá na Torre

A Cidade Deportiva da Torre acolle mañá, venres 21 de xullo, a xornada de clausura do III Liga Social Ciudad de A Coruña · RC Deportivo, que desde esta temporada conta co apoio da entidade branquiazul.

A competición arrancou o pasado mes de novembro, apadriñada por Manuel Pablo e as xogadoras do Deportivo ABANCA Tere Abelleira e Tamy, e chegou á súa conclusión o pasado 26 de xuño.

Á conclusión do Maratón de fútbol 7 co que se clausurará o evento, os xogadores do primeiro cadro Fernando Navarro e Alejandro Arribas e as futbolistas do Deportivo ABANCA Tere Abelleira e María Corral entregarán os trofeos a todos os participantes.

Todas as entidades que participaron na III Liga Social Ciudad de A Coruña · RC Deportivo recibirán un trofeo e un obsequio por parte do Club, sen ter en conta a clasificación obtida ao final da liga.

A programación da xornada de clausura é a seguinte:

16:00 horas: Chegada das entidades participantes
16:30 horas: Maratón de fútbol 7 entre os equipos participantes
17:45 horas: Entrega de trofeos
18:15 horas: Merenda e confraternización nos xardíns da Torre de Hércules
19:15 horas: Finalización do evento

Os equipos participantes no Maratón de fútbol 7, oito dos dez que disputaron a III Liga Social Ciudad de A Coruña · RC Deportivo, son os seguintes:

-Ápem (Asociación pro enfermos mentais da Coruña)
-Accem (Asociación Comisión Católica Española de Migración)
-Fundación Secretariado gitano
-CASCO (Comité Antisida da Coruña)
-Fundación Adcor (entidade dedicada ao traballo con persoas con discapacidade intelectual)
-Aspronaga (entidade dedicada ao traballo con persoas con discapacidade intelectual)
-Cáritas Española
-Padre Rubinos