RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

A deportivista María Méndez, citada por España para o próximo Minitorneo de clasificación do Europeo sub-19

A xogadora do Deportivo ABANCA María Méndez está convocada pola selección española sub-19 para disputar o Minitorneo de clasificación para o Campionato de Europa da categoría.

Dita competición xogarase en Reikiavik (Islandia) do luns 30 de setembro ao mércores 9 de outubro próximos.

O equipo nacional realizará unha concentración previa en Las Rozas (Madrid) do luns 23 ao mércores 25 de setembro.

O calendario de partidos da selección española é o seguinte:

Mércores 2 de outubro
17:00: ESPAÑA - KAZAJISTÁN, no Estadio Hlíoarendi

Sábado 5 de outubro
14:00: ESPAÑA - GRECIA, no Estadio Víkingsvöllur

Martes 8 de outubro
17:00: ISLANDIA - ESPAÑA, no Estadio Hlíoarendi

María Méndez incorporarase á selección após visitar co Deportivo ABANCA ao Athletic Club en Lezama o domingo 29 de setembro (a falta de confirmación); e chegará a tempo para a seguinte cita ligueira, a visita a Abegondo do Rayo Vallecano o domingo 13 de outubro.

María Méndez é unha das deportivistas internacionais nas categorías inferiores da selección española, do mesmo xeito que Teresa Abelleira, Sara Álvarez ou Carlota Sánchez; ademais das internacionais venezolanas en categoría absoluta: Kika, Gaby e Michelle Romero.