RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

A Fabril paga con derrota ante o UD Somozas a súa falta de puntaría

O Fabril pagou con derrota ante o UD Somozas (1-0) o seu nulo acerto en ataque. Por contra, os locais aproveitaron practicamente a única oportunidade da que dispuxeron para facerse cos 3 puntos.

Nin Gandoy, que xutou ao pau a 1 metro da portería rival; nin Villares, nun man a man co porteiro; nin Mario Losada en dúas ocasións puideron bater ao meta local Marcos.

Co resultado deste encontro correspondente á 27ª xornada en Terceira División, o Fabril é 7º con 40 puntos; a 6 puntos da 4ª praza que daría dereito a disputar o play off de ascenso a Segunda División B.

Fabril: Alberto, Valín, Martí Vilà, Bourdal, Juan Rodríguez, Iago Parga, Iago Novo, Gandoy, Mario Losada, Villares e David Sánchez. Tamén xogaron: Javi Sánchez, Aarón Sánchez e Pedro.

A próxima fin de semana, toca partido de novo lonxe de Abegondo, esta vez en Vigo ante o Rápido de Bouzas.

Os resultados do equipo que dirixe Luisito até a data son os seguintes:

CD Choco 0 - Fabril 0
Fabril 2 (Gandoy e Mario Losada) - Ourense CF 0
CD Arenteiro 0 - Fabril 0
Fabril 4 (Gandoy, Mario Losada -2- e Pedro) - Alondras CF 1
SD Compostela 2 - Fabril 0
Fabril 2 (Aarón e Parga) - CD Barco 3
Bergantiños CF 1 - Fabril 3 (Aarón -2- e Pedro)
Fabril 1 (Mario Losada) - UD Somozas 1
Fabril 2 (Villares e Pedro) - Rápido de Bouzas 1
Polvorín FC 1 - Fabril 2 (Mario Losada -2-)
Fabril 3 (Aarón Sánchez, Mario Losada e Iago Parga) - UD Ourense 1
CD Estradense 0 - Fabril 2 (Javi Sánchez e Pedro)
Fabril 2 (Pedro e Gandoy) - CD As Pontes 1
Silva SD 2 - Fabril 1 (Mario Losada)
Fabril 0 - Racing Villalbés 1
CSD Arzúa 2 - Fabril 0
Fabril 4 (Mario Losada -2- e Pedro -2- ) - UD Paiosaco H. Añón 2
Arosa SC 0 - Fabril 0
Fabril 4 (Pidlepenets, Villares, Pedro e Aarón Sánchez) - CD Pontellas 0
Fabril 1 (o porteiro rival en propia meta) - CD Choco 0
Ourense CF 1 - Fabril 0
Fabril 1 (Iago Parga) - CD Arenteiro 2
Alondras CF 1 - Fabril 0
Fabril 2 (Mario Losada e Iago Parga) - SD Compostela 2
CD Barco 1 - Fabril 1 (Villares)
Fabril 1 (Gandoy) - Bergantiños CF 1
UD Somozas 1 - Fabril 0