RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

A fin de semana arrinca para #ANOSACANTEIRA con 2 triunfos onte e 2 partidos hoxe sábado

Dous equipos de #ANOSACANTEIRA adiantaron os seus partidos ligueiros da fin de semana a onte venres 4 de outubro.

En Abegondo, o Cadete B superou (2-0) ao CD Conxo Santiago B, en partido correspondente á 5ª xornada no grupo norte da liga Galega. Con este resultado, o conxunto branquiazul ascende provisionalmente ao liderado da categoría, con 1 punto de vantaxe (13 puntos), e 1 partido máis, que o Atlético Coruña Montañeiros CF (12 puntos).

E no Anexo de Vista Alegre en Ordes, o Infantil B, colíder do grupo 1º da Primeira Autonómica, impúxose ao SCD Ordes (2-8) nun entretido encontro. Os deportivistas comandan en solitario o grupo con 15 puntos e 1 partido máis que o Ural CF B e Victoria CF B, ambos con 12 puntos.

Na fin de semana so haberá dous partidos na Cidade Deportiva, o do Infantil A ante o Galicia Caranza, hoxe sábado 5 ás 10:30, correspondente ao grupo norte da liga Galega; e o do Xuvenil A fronte ao CD Lugo, domingo 6 ás 12:00, na División de Honra.

Todos os demais equipos xogan lonxe de Abegondo. Tres deles o domingo 6: o Fabril en Carballo ante o Bergantiños CF (18:00), o Deportivo ABANCA B en Portonovo fronte ao Viaxes InterRías FF (12:00), e o Cadete A en Fragoselo (Vigo) ante o Coruxo FC (12:00 horas); e outro mañá sábado 5: o Xuvenil B en Bouzas ante o Rápido (20:15).

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Terceira División
7ª xornada: BERGANTIÑOS CF - FABRIL, o domingo 6 de outubro ás 18:00 nas Eiroas (Carballo)
Clasificación: ... 4. CD Barco, CSD Arzúa e Arousa SC, 10 puntos; 7. Fabril, Silva SD e Bergantiños CF, 8 puntos; 10. Racing Villalbés, Polvorín FC e CD Estradense, 7 puntos...

Categoría feminina
4ª xornada: VIAXES INTERRÍAS FF - DEPORTIVO ABANCA B, o domingo 6 de outubro ás 12:00 en Baltar (Portonovo)
Clasificación da Primeira Nacional, grupo 1º: 1. Deportivo ABANCA B, CD Monte e Viaxes InterRías FF, 9 puntos; 4. Victoria FC e CD Valladares, 6 puntos...

Categoría xuvenil
5ª xornada: XUVENIL A - CD LUGO, o domingo 6 de outubro ás 12:00 en Abegondo (campo 1)
Clasificación da División de Honra: 1. R. Oviedo e RC Celta, 12 puntos; 3. Sporting de Gijón, 10 puntos; 4. Xuvenil A, CD Lugo e Real Racing Club, 9 puntos; 7. ED Val Miñor Nigrán e Bansander, 7 puntos...

5ª xornada: RÁPIDO DE BOUZAS - XUVENIL B, o sábado 5 de outubro ás 20:15 no campo Baltasar Pujales (Vigo)
Clasificación da liga Nacional: ... 10. Ourense CF, 5 puntos; 11. Victoria CF e SD Ou Val, 4 puntos; 13. Xuvenil B, CD Areosa e EF Lalín, 3 puntos; 16. ED Val Miñor B, 2 puntos...

Categoría cadete
5ª xornada: CORUXO FC - CADETE A, o domingo 6 de outubro ás 12:00 no campo de Fragoselo (Vigo)
Clasificación da División de Honra: 1. RC Celta e Cadete A, 12 puntos; 3. CD Lugo e Ural CF, 9 puntos...

5ª xornada: CADETE B 2 (Nico e Hugo Matos) - CD CONXO SANTIAGO B 0
Clasificación da liga Galega, grupo norte: 1. Cadete B (un partido máis), 13 puntos; 2. Atlético Coruña Montañeros CF, 12 puntos; 3. Ural CF B e SD Compostela, 9 puntos; 5. Racing de Ferrol B, 8 puntos...

Categoría infantil
5ª xornada: INFANTIL A - GALICIA CARANZA, o sábado 5 de outubro ás 10:30 en Abegondo (campo 5)
Clasificación da liga Galega, grupo norte: 1. Infantil A e Bertamiráns FC, 12 puntos; 3. CD Conxo Santiago, ED Xuventude de Oroso, Victoria FC e CD Lugo, 9 puntos...

5ª xornada: SDC ORDES 2 - INFANTIL B 8 (Íker Gil -2-, Memet, Jorge Rodríguez, Óscar, Carballo -2- e Noe)
Clasificación da Primeira Autonómica, grupo 1º: 1. Infantil B (un partido máis), 15 puntos; 2. Ural CF B e Victoria CF B, 12 puntos; 4. Atlético Arteixo e Bergantiños CF B, 9 puntos...