RCD / NOVAS

A Fundación San Rafael coida, un ano máis, aos futbolistas do Dépor Genuine

10/10/2019 18:28

A presidenta da Fundación San Rafael, Benigna de la Peña, recibiu esta mañá no Hospital San Rafael aos futbolistas do Dépor de LaLiga Genuine 2019-2020 para facerlles entrega dos certificados médicos que os habilitan para adestrar e xogar ao longo desta temporada.

Xunto á presidenta do Hospital e da Fundación San Rafael, que lles dirixiu unhas cariñosas palabras de benvida, estiveron presentes o presidente da Fundación Real Club Deportivo, Francisco Martínez Zas, a vicepresidenta Oliva Figueira e o representante da institución, Donato Gama dá Silva.

O equipo deportivista, formado hai dúas temporada coa colaboración de diversos colectivos de cooperación social e apoio á diversidade funcional, como a Fundación San Rafael, e patrocinado por R, está dirixido técnicamente por Pablo Barros, Lucía Otero, David Vidal, Carlos García, Andrés Echeverría e Javier Núñez.