RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

A garra do Xuvenil B levanta o partido en Ourense nos 2 últimos minutos

O Xuvenil B apelou ao orgullo, á garra e á raza para levantar un partido ante o Pabellón Ourense CF nos dous últimos minutos de partido (1-2).

Adiantáronse os locais á media hora de xogo; pero os goles de Do Carmo no minuto 89 e Noel no 90 valeron unha espectacular remontada e consecuente vitoria para o conxunto branquiazul, marcador que sabe a moito máis que 3 puntos.

Co resultado deste partido correspondente á 9ª xornada, o Xuvenil B xa é 4º na táboa da Liga Nacional con 16 puntos.

Xuvenil B: Brais, Álex Mellid, Añón, Carracedo, Mauro, Pablo Martínez, Portas, Antón, Do Carmo, Urdiales e Nájera. Tamén xogaron: Mario, Noel, Jairo e Ian Tobar.

A próxima fin de semana, o Xuvenil B recibe en Abegondo ao Victoria CF.

Os resultados do Xuvenil B que prepara Jaime Sánchez son os seguintes:

Xuvenil B 3 (Noel, Añón e Urdiales) - Alondras CF 4
RC Celta B 1 - Xuvenil B 0
Xuvenil B 4 (Carracedo, Portas, Noel e Padín) - Ourense CF 5
ED Val Miñor B 0 - Xuvenil B 5 (Aye, Noel, Añón, Nájera e Padín)
Rápido de Bouzas 3 - Xuvenil B 3 (Aye, Nájera e Noel)
Xuvenil B 3 (Nájera, Urdiales e Padín) - CD Lugo B 0
CVC Valladares 1 - Xuvenil B 3 (Noel -2- e un futbolista rival en propia meta)
Xuvenil B 3 (Nájera -2- e Do Carmo) - Pontevedra CF 0
Pabellón Ourense CF 1 - Xuvenil B 2 (Do Carmo e Noel)