A noticia do ano O meu sitio está aquí e o que quero é xogar
José Francisco Molina está na Coruña despois de gañar o seu particular partido ao cancro. Saudou aos seus compañeiros, amigos, directivos e ao presidente do conxunto herculino e tamén aos representantes do conxunto vasco, rival branquiazul desta tarde en Riazor. É, en palabras dun emocionado Augusto César Lendoiro "o gran agasallo" para todos.
canaldeportivo, A Coruña19/01/2003 16:40
Molina volveu ter palabras de agradecemento para todos... "se que estiveron sempre comigo" e engadiu "espero estar canto antes a disposición do adestrador para devolver o agarimo a todos" dixo.
Molina explicou, como xa fixo o pasado luns, que se atopa ben, aínda que non ao ritmo da alta competición e explicou que absolutamente todas as mostras de agarimo recibidas "fanche sentir ben, véñenche ben e agradécense, todas foron importantes" pero recoñeceu "é unha sensación agradable o volver á normalidade".
Molina, que despois foi recibido por un Riazor posto en pé que o aplaudiu na súa entrada ao palco para ver o partido, explicou que nos últimos meses "estaba algo farto do fútbol e agora, mesmo llo comentei aos compañeiros, agora estou tolo por volver" e recoñeceu nervioso "despois de todo o ocorrido, deime conta de que o meu sitio está aquí e o que quero é xogar ao fútbol". O xogador explicou que mañá mesmo se incorporará ao traballo co equipo "aínda que supoño que non será co grupo, polo menos de momento".
Un emocionado Augusto César Lendoiro recibiu ao cérbero deportivista "totalmente recuperado, leste é o gran agasallo e celebrámolo todos". O presidente branquiazul pediu "pasar páxina" e dixo "agora só hai que pensar que temos connosco a un profesional impresionante ao servizo do adestrador".
O Deportivo adestrouse esta mañá en 'O Mundo do Fútbol'. Mañá
sábado ás 10:30 en Abegondo, o persoal realizará a última sesión de traballo
antes da visita do Vilarreal, este domingo ao cinco da tarde
en Riazor. Na sesión de hoxe Munúa e Taborda adestraron practicamente ao mesmo nivel
que o resto do grupo. Só faltou Iván Carril, que cun proceso vírico,
quedou no seu domicilio.
O Diario Marca publicou o pasado martes unha estatística segundo a cal o
porteiro internacional do Deportivo, José Francisco Molina, é o quinto porteiro
máis efectivo da liga, cun 75% de acerto respecto dos chuts a portaría.
O líder deste peculiar ranking é o colchoneiro Leo Franco, cun 80% de acerto..
José Francisco Molina, xa un dos porteiros menos goleados da
categoría, con tres tantos encaixados en catro partidos, compareceu esta mañá
na sala de prensa de 'O Mundo do Fútbol'.
-Que impresións saca do partido de onte?
-Pois boas. Púidose gañar, pero tamén puidemos perder.
Foi creo que un resultado xusto.