A pegada do Infantil A tumba a un batallador Victoria CF
A pegada en ataque do Infantil A foi determinante para tombar a resistencia dun batallador Victoria CF (2-5), en partido correspondente á 3ª xornada no grupo norte da liga Galega.
Oreiro, Beade, Jorge García -2- e Dani Estévez foron os goleadores branquiazuis.
Con este resultado, o Infantil A é líder do grupo con 9 puntos, os mesmos que o Bertamiráns FC e o Victoria FC.
Infantil A: Hugo Sánchez, Zoe, Lucas, Úbeda, Guerrero, Dani Estévez, Pablo Parada, Ayana, Beade, Oreiro e Jorge García. Tamén xogaron: Samuel, Memet, Jorge Rodríguez, Javi e Adrián.
A próxima fin de semana, o Infantil A recibe ao EF Lalín en Abegondo.
Os resultados do Infantil A até a data os seguintes:
Bergantiños CF 0 - Infantil A 7 (Jorge García -2-, Oreiro, Zoe, Héctor -2- e Pablo) Infantil A 3 (Lucas e Jorge -2-) - CD Lugo 0 Victoria CF 2 - Infantil A 5 (Oreiro, Beade, Jorge García -2- e Dani Estévez)