RCD / NOVAS

A pegada do Infantil B supera ao Bergantiños CF B

16/02/2020 12:20

A pegada do Infantil B venceu a un correúdo Bergantiños CF B (2-5), en partido correspondente á 23ª xornada no grupo 1º da Primeira Autonómica. Íker Gil, Memet -3- e Trillo foron os goleadores branquiazuis nas Eiroas (Carballo).

Con este resultado, o Infantil B é líder do grupo con 63 puntos; por 54 puntos do seu inmediato perseguidor, o Ural CF B.

Infantil B: Hugo, Pablo, Jorge, Dani, Carlos, Íker Gil, Christian, Erick, Xenxo, Carballo e Memet. Tamén xogaron: Yago, Diego e Rubén Trillo.

O vindeiro sábado 29 de febreiro, o Infantil B recibe en Abegondo ao Atlético Arteixo.

Os resultados até a data do Infantil B que prepara Fernando Macedo 'Nano' son os seguintes:

CD Obrero 0 - Infantil B 3 (Adrián -2- e Íker Gil)
Infantil B 5 (Adrián, Óscar, David Carballo -2- e Íker Gil) - Imperátor OAR 0
ADC Obradoiro 2 - Infantil B 5 (Marcos, Óscar, Diego, Xenxo e Balbas)
Infantil B 4 (Óscar -2-, Íker Gil e Xenxo) - Oza Juvenil SD 0
SCD Órdenes 2 - Infantil B 8 (Íker Gil -2-, Memet, Jorge Rodríguez, Óscar, Carballo -2- e Noé)
Infantil B 11 (Íker Gil -2-, Noé -2-, Óscar -2-, Carballo -2-, Adrián, Xenxo e Anxo) - Bergantiños CF B 0
Atlético Arteixo 3 - Infantil B 10 (Íker Gil -2-, Adrián, Noé, Memet -3-, Óscar -2- e Jorge Rodríguez)
Infantil B 5 (Óscar -2-, Memet, Íker Gil e Diego) - Victoria CF B 0
Atlético San Pedro 2 - Infantil B 4 (Noé, Beade, Memet e Íker Fernández)
Infantil B 7 (Memet, Óscar -3-, Diego, Beade e Íker Gil) - Orillamar SD 0
Infantil B 3 (Memet, Óscar e Carballo) - Sporting Cambre 0
Ural CF B 3 - Infantil B 6 (Noé, Óscar, Íker Gil, Beade -2- e Diego)
Infantil B 9 (Beade -3-, Carballo -2-, Xenxo, Memet -2- e un futbolista rival en propia meta) - CD Calasanz B 0
Santa María del Mar 5 - Infantil B 9 (Beade -3-, Íker Fernández, Íker Gil, Marcos e Óscar -3-)
Infantil B 3 (Íker Gil -2- e Adrián) - San Tirso SD B 1
Atlético Coruña Montañeros CF B 1 - Infantil B 5 (Íker Gil -3-, Marcos e Carballo)
Infantil B 1 (Memet) - Betanzos CF 3
Infantil B 18 (Óscar -6-, Memet, Xenxo -2-, Beade -4-, Íker Gil -2-, Anxo -2- e Carballo) - CD Obrero 0
Imperátor OAR 0 - Infantil B 1 (Memet)
Infantil B 6 (Íker Gil -2-, Xenxo, Carballo, Memet e Jorge Rodríguez) - ADC Obradoiro 0
Oza Juvenil SD 2 - Infantil B 1 (Carballo)
Infantil B 5 (Íker Gil -2-, Xenxo, Christian e un futbolista rival en propia meta) - SDC Órdenes 1
Bergantiños CF B 2 - Infantil B 5 (Íker Gil, Memet -3- e Trillo)