RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

A peña deportivista Rebumbio premia a Dani Giménez

O porteiro deportivista Dani Giménez foi distinguido por unanimidade pola Peña Deportivista Rebumbio como o 'Xogador Revelación' da Temporada 2018-19.

O meta galego foi elixido polas súas boas actuacións e a súa regularidade durante unha temporada moi longa e difícil en LaLiga 1|2|3, na que xogou todos os minutos.

Dani Giménez recolle así o testemuño de futbolistas como Borja Valle, Fabricio, Andone ou Juan Domínguez, entre outros.

O acto de entrega será hoxe venres 26 de xullo ás 21:00 horas na sede da peña presidida por Noelia Díaz, a Cervecería Grace O'Malleys, sita en Paseo de Los Puentes 5, na Coruña.