RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

A Selección Absoluta de Portugal tamén preconvoca a Iván Cavaleiro

Además da Selección Sub-21 de Portugal, a Selección Absoluta que dirixe Fernando Santos también preconvocó ao deportivista Iván Cavaleiro, también para dous partidos a finais de mes de marzo.

O domingo 29 de marzo ás 19.45 (hora local), Portugal recibe a Serbia en Lisboa, en partido clasificatorio para a Eurocopa 2016.

O martes 31 de marzo, ás 20.45 (hora local) en Estoril, o combinado nacional portugués enfróntase a Cabo Verde nun encontro amigable.

O próximo 19 de marzo farase pública a convocatoria definitiva.


A Sub-21 lusa tamén se fixa en Cavaleiro

Iván Cavaleiro fora preconvocado esta mesma semana pola Selección Portuguesa Sub-21 que dirixe Rui Jorge para dous partidos amigables, preparatorios para o campionato de Europa da categoría.

Así, Portugal mídese a Dinamarca o xoves 26 de marzo ás 17.00, hora local, no Estadio Municipal Marinha Grande.

O martes 31 de marzo, ás 18.00 horas en Praga, a selección lusa visita á República Checa.

A convocatoria definitiva da Sub-21 portuguesa será anunciada, do mesmo xeito que a absoluta, o próximo día 19.

Costa Rica cita a Celso Borges

A selección de Costa Rica comunicou ao Deportivo a convocatoria de Celso Borges para dous partidos amigables a finais deste mes de marzo.

Así, o xoves 26 de marzo, a selección costarriqueña recibirá a Paraguai na capital, San José de Costa Rica.

O segundo amigable será o martes 31 de marzo en Panamá.

O centrocampista branquiazul terá que incorporarse á concentración o luns 23 de marzo, tras o partido ante o Espanyol, previsto para o domingo 22 de marzo ás 12.00 en Riazor.


Medunjanin, con Bosnia Herzegovina

Pola súa banda, Haris Medunjanin foi convocado polo seleccionador nacional de Bosnia Herzegovina, Mehmed Bazdarevic, para dous partidos tamén este mes.

No primeiro, clasificatorio para a Eurocopa 2016, Bosnia Herzegovina visita Andorra, no Stadi Nacional de Andorra a Vella, o sábado 28 de marzo ás 20:45 horas.

No segundo, amigable, o combinado bosníaco enfróntase a Austria no Estadio Ernst Happel de Viena, o martes día 31 ás 20:30 horas.

O futbolista branquiazul debe incorporarse á concentración da súa selección o luns 23 de marzo no Centro de Adestramentos de Zenica.


O fabrilista Sam Piette viaxa con Canadá

A Selección de Canadá convocou ao xogador do Fabril Sam Piette para unha concentración do 22 ao 31 deste mes.

No transcurso deses días, o equipo nacional canadense que dirixe Benito Floro disputará dous amigables internacionais: o venres 27 de marzo ante Guatemala en Ft. Lauderdale (Estados Unidos) e o luns 30 de marzo en San Juan de Porto Rico.

Durante eses días, o Fabril ten partido de liga ante o Silva en Abegondo (22 de marzo) e visitará ao Cultural Areas (29 de marzo), pertencentes ás xornadas trigesimo e trigesimoprimera respectivamente en Terceira División.