RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

A Tercera RFEF, na que participa o Fabril, ten previsto arrincar o 12 de setembro

A Federación Galega de Fútbol fixou para o 12 de setembro a data de inicio da Tercera RFEF na que participa o Fabril de Óscar Gilsanz.

O ente federativo advirte que esta previsión se pode ver afectada pola situación sanitaria derivada da pandemia de COVID-19.

Desexa a Federación Galega que cando arranque a competición estea xa avanzada a vacinación da poboación, co que poidan estar inmunizados o máximo número de deportistas posibles.

O Fabril iniciou o pasado mércores a pretemporada cunha atarefada xornada. Coa presenza de Carlos Ballesta, representante institucional do equipo; Antonio Couceiro, Presidente do RC Deportivo, e Fran González, Director de #ANOSACANTEIRA, deron a benvida aos futbolistas nun sinxelo acto ao aire libre, na bancada do campo principal de Abegondo, debido á pandemia de COVID-19.

O cadro, en boa parte formado por xogadores en idade xuvenil, tamén escoitou as palabras do técnico Óscar Gilsanz e de Álex Mejuto, médico do equipo, quen alertou da complicada situación sanitaria pola pandemia e pediu responsabilidade a todos os futbolistas.

A continuación, xa sobre o céspede do campo principal da Cidade Deportiva, onde cada quince días pelexarán polos tres puntos na Tercera RFEF, houbo foto de familia de todo o cadro de xogadores, técnicos e auxiliares; posado dos dous reforzos até a data: Fabio González e David Martínez; e finalmente do corpo técnico ao completo encabezado por Óscar Gilsanz.

Os futbolistas cos que conta Óscar Gilsanz son os seguintes: David Suárez, Javi Sanmartín, Juan Cambón, David Martínez e Fabio González. Alejandro Barba estará uns días con adestramento individualizado no seu domicilio ata que o ditaminen os Servizos Médicos.

A eles súmanse estes xuvenís: Nacho Díaz, Manu Berrocal, Mario Domínguez, Raúl Gómez, Dani Barcia, Hugo Urdiales, Hugo Padín, Mario Nájera, Jairo Noriega, Alejandro González Bermejo, David Mella, Hugo Lemos, Víctor Guerra, Alfredo Rodríguez 'Fito', Enrique Teijo, Brais Val e Hugo Ríos.

Finalmante, Yeremay, Juan Rodríguez, Alberto, Iván Guerrero, Guille Bueno, Brais Suárez, Trilli e Noel López adéstranse con Borja Jiménez; aínda que algún poida subir cada día cos profesionais segundo as necesidades do primeiro equipo.

O pasado martes 20 de xullo, o Fabril someteuse a probas médicas no Centro QuirónSalud de ABANCA-RIAZOR. A estas probas, rutineiras cada verán como analítica, electrocardiograma... uníronse nesta ocasión as correspondentes ao COVID-19.