RCD / NOVAS

A TVG 2 retransmite en directo este domingo a final da Copa de Campións entre Dépor e Barça

25/06/2021 12:52

A Televisión de Galicia, a través da súa emisión por televisión (TVG 2) e a súa páxina web: www.crtvg.es/deportes/directo, e as plataformas online da RFEF: www.rfef.es, ofrecerán en directo desde o Marbella Football Center o vindeiro domingo 27 a partir das 12:00 h. a gran final da Copa de Campións Xuvenís que enfronta ao RC Deportivo e ao FC Barcelona.

Os pupilos de Óscar Gilsanz chegaron a esta gran cita do fútbol xuvenil nacional após ser campións do grupo primeiro da División Honra; e eliminar á UD Las Palmas en cuartos de final (3-3 a dobre partido, por penaltis) e ao Real Madrid en semifinais (1-0 a partido único).