RCD / NOVAS

Á venda as entradas para o XXXIV Trofeo Manolo Martín

18/07/2017 10:20

Desde hoxe están á venda na Oficina de Atención ao Deportivista e en El Corte Inglés (Ramón y Cajal e Marineda City) as entradas para o XXXIV Trofeo Manolo Martín que disputan o Fabril e o Real Madrid Castilla o próximo 8 de agosto ás 18:30 horas no Estadio ABANCA-RIAZOR.

As entradas, que teñen carácter benéfico (a recadación destinarase integramente ás obras de restauración do Santuario da Virxe da Barca en Muxía), teñen un custo de 5 euros. Os menores de 15 anos poden acceder de forma gratuíta pero deben retirar invitación na OAD ou El Corte Inglés.

O XXXIV Trofeo Manolo Martín presentouse, nun acto conducido por José Luís Blanco Campaña, no Corte Inglés de Ramón y Cajal e nel estiveron presentes Manolo Martín, organizador do Trofeo, Arsenio Iglesias, José Manuel Branco, responsable de relacións externas de El Corte Inglés, Raúl García de Louza, José Manuel Otero Lastres, directivo do Real Madrid e Tino Fernández, presidente do Deportivo, acompañado polo representante institucional do Fabril, Ramón Piña.