RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Acordo co Newcastle para o traspaso de Fabian Schär

O Real Club Deportivo e o Newcastle United Football Club, equipo da Premier League inglesa, chegaron hoxe a un acordo para o traspaso de Fabian Schär ás urracas de Newcastle.

Con esta operación conclúe, após unha temporada, a relación entre o central internacional suízo e o Dépor, co que disputou 27 partidos oficiais entre LaLiga e a Copa do Rei, marcou 2 goles e deu 2 asistencias.

O Real Club Deportivo quere agradecer moi especial e sinceramente a Fabian a súa entrega, sacrificio e traballo durante este ano defendendo as nosas cores e a súa profesionalidade, respecto ao Club e exquisito trato fóra dos terreos de xogo desde a súa chegada e até o día de hoxe, desexándolle a maior das sortes no seu inmediato futuro profesional en terras inglesas, e no resto da súa traxectoria deportiva e persoal.