RCD / NOVAS

Acordo con Pumas e Arribas para o seu traspaso ao equipo da UNAM

08/12/2017 20:30

O Real Club Deportivo, o Club Universidade Nacional e Alejandro Arribas chegaron a un acordo para o traspaso do central madrileño ao conxunto mexicano após as negociacións culminadas no día de hoxe, pendentes tan só do recoñecemento médico que deberá pasar o futbolista á súa chegada a terras aztecas. Deste xeito Arribas abandona hoxe a disciplina branquiazul para incorporarse nas próximas horas aos Pumas da UNAM.

O Real Club Deportivo quere agradecer sinceramente a Alejandro Arribas Garrido (Madrid, 1 de maio de 1989), que chegou hai tres campañas ao Real Club Deportivo procedente do Sevilla FC, a súa profesionalidade, esforzo, entrega e dedicación durante este tempo defendendo #asnosascores, desexándolle os maiores éxitos na súa nova etapa profesional e persoal en México.

Máis novas de: ARRIBAS