RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Actividade do Real Club Deportivo nos próximos días (14.03.2020)

O Consello de Administración do Real Club Deportivo da Coruña, SAD, despois de avaliar esta mañá a situación da entidade após a declaración do Estado de Alarma por parte do Goberno Central e de Emerxencia Sanitaria por parte da Xunta de Galicia, decidiu actualizar todas as medidas adoptadas e publicadas en anteriores comunicacións para adecuarse ás recomendacións e esixencias das autoridades gobernamentais e sanitarias.

Até nova comunicación:

- Toda a actividade deportiva do Club na Cidade Deportiva de Abegondo queda suspendida e as instalacións pechadas.
- Péchanse ao público todos os espazos de atención aos Deportivistas: sede da praza de Pontevedra, Oficina de Atención ao Deportivista do Estadio ABANCA-RIAZOR, DéporTiendas (ABANCA-RIAZOR, Marineda City e Real, 59) e DéporClínica.
- Suspéndese a Xunta Xeral Extraordinaria de Accionistas prevista para os próximos 16 e 17 de marzo en Palexco, aprazada de maneira indefinida a unha data futura.
- Suspéndense todas as actividades formativas do Club ou en colaboración con outras institucións: Dépor Escola, Dépor Campus Semana Santa e Vos Nosos Valores.
- Suspéndense todos os actos públicos de membros do Club con patrocinadores e afeccionados.
- Toda a actividade administrativa do Club e as tarefas que o permitan realizaranse mediante teletraballo desde os domicilios dos profesionais.
- A atención aos Deportivistas realizarase vía correo electronico en atencion.deportivista@rcdeportivo.es, accionistas@rcdeportivo.es ou vía telefónica de luns a venres de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 h. no 981 259 500.

O Real Club Deportivo quere aproveitar esta comunicación para pedir a todo o Deportivismo unha nova mostra da implicación social e solidariedade que sempre demostrou, atendendo a todas as recomendacións das autoridades gobernamentais e sanitarias para, desde a responsabilidade individual, sumar esforzos para superar este desafío colectivo canto antes.