RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Adestramento dunha hora de duración do Dépor en Abegondo antes de viaxar pola tarde a Palma

Unha avaría no avión chárter que ía trasladar esta mañá ao Deportivo a Palma obrigou a cambiar os plans da expedición branquiazul.

Após confirmarse a suspensión do voo inicialmente previsto para as 12:30 horas, José Luis Martí dirixiu en Abegondo unha sesión de traballo que estaba planificada para esta tarde na illa balear.

No campo 2 da Cidade Deportiva, e após un breve exercicio táctico, os futbolistas, ademais do fabrilista Álex Cobo, realizaron un quecemento, rondos, unha tarefa de posesión e, para concluír, fútbol en espazo reducido, de alta intensidade. Todo iso por espazo dunha hora.

Tiveron adestramento específico Vítor Silva, Krohn-Dehli e Michele Somma; ademais de Álex Bergantiños, con repouso deportivo.

Ao acabar o adestramento, a expedición come na Cidade Deportiva antes de coller outro avión privado ás 16:00 horas no Aeroporto da Coruña.