RCD / NOVAS

Adestramento lúdico para o primeiro equipo, animado coa presenza dos nenos do Clínic Abanca

13/04/2017 13:15

Como é habitual dous días antes de cada partido, o primeiro equipo rebaixou esta mañá en Abegondo a intensidade do adestramento.

Os futbolistas que saltaron ao céspede (Sidnei e Kakuta quedaron no vestiario), realizaron rondos e fútbol tenis. Ao finalizar, houbo foto de familia dos futbolistas cun centenar de nenos do Clínic Abanca.

Acto seguido, todos pasaron polo ximnasio e a padiola de masaxe.

Despois da ducha, os xogadores asinaron autógrafos e pósteres aos afeccionados branquiazuis que, aproveitando a Semana Santa, pasaron esta mañá pola Cidade Deportiva de Abegondo.

O venres 14 de abril o equipo adestrarase de novo en Abegondo ás 10:30 horas.