RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Adiantamos o Blue Friday, novos prezos dos abonos até final de temporada

Deportivistas, chegan algúns dos partidos máis destacados da temporada, chega a segunda volta e o desenlace da competición e queremos ser cada vez máis na Nosa Casa en cada encontro. Por iso, o RC Deportivo adianta, aproveitando o Blue Friday, os novos prezos dos abonos para novas altas desde agora e até final de temporada.

Para seguir sumando apoios, Deportivistas na Nosa Casa, o RC Deportivo realiza unha rebaixa no prezo para novas altas dos abonos de temporada do Dépor. Todos os prezos, excepto ADN Branquiazul, Bancada Especial Nen@s e menores en Bancada Familiar e Abonos Simpatizante, reducen un 25% o seu valor para facer aínda máis accesible o estar cos Nosos e As Nosas até o final desta campaña.

As novas altas deben realizarse presencialmente na Oficina de Atención ao Deportivismo (Estadio ABANCA-RIAZOR, avenida de La Habana s/n) no seu horario habitual de luns a venres, de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 h.

Estes son os novos prezos dos abonos do Dépor 2022-2023 para novas altas: