RCD / NOVAS

AGAXEDE premia ao Dépor polo seu equipo de LaLiga Genuine

12/11/2017 11:36

A Asociación de Xestores Deportivos de Galicia (AGAXEDE) recoñeceu o labor do RC Deportivo na creación do seu equipo do colectivo de persoas con discapacidade intelectual (DI) concedéndolle un dos Premios Galicia á Xestión Deportiva que entrega anualmente desde 2010.

A formación do equipo do RC Deportivo que participa desde o mes pasado na primeira edición de LaLiga Genuine foi digna de recibir o Premio á xestión deportiva de integración social.

AGAXEDE organiza a oitava edición destes premios, cos que quere distinguir ás persoas e entidades que destacasen pola súa contribución ao desenvolvemento e excelencia da xestión deportiva en Galicia.

A gala de entrega de premios celebrarase o venres 1 de decembro ás 20:00 horas no Centro Cultural O Liceo (Betanzos).