RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Aketxe e Borja Galán recoñecen que hai que mellorar a faceta defensiva

Ager Aketxe e Borja Galán atenderon aos medios de comunicación na zona mixta de Vallecas.

O mediapunta vasco, goleador branquiazul en Madrid, opina que "o equipo empezou facendo as cousas ben. Fixemos rápido o primeiro gol. Pero ao final estamos a ser moi fráxiles na nosa área. E cando aí non es sólido, págase".

É consciente, do mesmo xeito que o resto do equipo, que "temos que mellorar" a faceta defensiva. "Isto é longo e traballaremos para iso", conclúe.

Do mesmo xeito que comentou Juan Antonio Anquela na sala de prensa, segundo Aketxe "tivemos tramos bos nos que ao final non soubemos materializar algunhas ocasións que tivemos, sobre todo na segunda metade. Daquela outra vez fomos fráxiles na nosa área e fixéronnos o terceiro".

O atacante deportivista advirte que "se queremos estar arriba, temos que baixar ese número de goles en contra. Ao final traballar, isto é longo, e confianza no equipo".

Pide agora non volverse tolos: "Somos conscientes que temos que mellorar cousas e a partir de aí as cousas seguro que irán a mellor".

Pola súa banda, Borja Galán, que entrou no once a última hora en substitución de Samuele Longo, subliña que "o gol a balón parado que nos fixeron (o 1-1) fíxonos moito dano. E o segundo antes do descanso tamén. Na segunda parte melloramos. Por momentos merecemos ese empate. Non foi así. E logo ese terceiro gol ao final que nos matou".

Dos goles encaixados, recalca o atacante madrileño que "non é só problema da defensa, nin moito menos. É de estrutura xeral do equipo. Temos que facer autocrítica, ver que estamos a fallar e corrixilo agora que estamos a tempo".

Recoñece que as sensacións nestas dúas saídas consecutivas a Huesca e Vallecas, "non foron nin moito menos positivas. Pero queda moitísimo, estamos na xornada 3 e seguro que nos imos a levantar".

Borja Galán asegura que os futbolistas branquiazuis "somos conscientes do escudo que levamos no peito. Somos aos que primeiro lle desbasten estes dous partidos. Con ganas de xogar xa en ABANCA-RIAZOR o sábado, con ganas de darlle a volta, de conseguir unha vitoria que despexe estas pantasmas".

Do choque do sábado ante o Albacete, advirte que "cada fin de semana vaste a enfrontar a un rival de categoría. Pero xogamos en casa, tense que notar. ABANCA-RIAZOR é ABANCA-RIAZOR e hai que apertar".