RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Aketxe: "O equipo repúxose moi ben no parón de nadal e creo que se vai a repor agora"

Ager Aketxe foi o protagonista esta mañá na sala de prensa habilitada en Abegondo.

Estas foron as frases do atacante deportivista.

Seguinte fase de adestramentos

"Sabemos que mañá ou pasado vannos a facer o test. Imaxino que a partir de aí irannos deixando facer máis cousas en grupo".

Como afecta o parón ao nivel de xogo individual exhibido antes do confinamento

"Desde a chegada de Fernando Vázquez atopei o meu sitio no equipo, encadeei bos partidos. Agora co parón pódeselle sacar ese punto bo de que che dá ese descanso. Eu ao final viña acumulando moitos minutos. No parón traballei aspectos que non os tiña tan reforzados. Non creo que se teña porqué notar este parón".

Favorito o Dépor para saír de abaixo

"Coa chegada de Fernando na segunda volta o equipo vai primeiro. Isto mesmo fala por si só".

Ritmo de adestramento

"O traballo que faciamos en casa permítenos estar un pouco en forma. Pero o fútbol require outro tipo de esforzos. Require cambios de ritmo, sentido, freadas, pisadas... Iso é ao que nos temos que adaptar agora".

O que se bota máis de menos

"A rutina do día a día. Vir aquí, adestrar, poder ter contacto con todos os meus compañeiros, facer adestramentos normais, posesións, partidillos... Un pouco todo iso. E logo a competición que é para o que nos preparamos".

Futuro na Coruña

"Iso non é algo prioritario. É verdade que é algo no que penso. Pero o importante agora é volver á competición, tentar salvar ao Dépor do descenso e logo a partir de aí falaremos co Club e valoraremos todo. Aquí estou moi feliz, moi contento. Síntome querido pola afección, valorado polo Club. Non tería ningún problema en seguir aquí máis anos. Vin as dúas caras, cando fomos mal e cando fomos ben. Por esa parte estou moi contento aquí. Temos que falar co Club e ver se podemos chegar a un acordo".

Condicionantes contractuais para seguir na Coruña

"O máis 1 que eu tiña por obxectivos de momento non se cumpriu. Agora cando termine a temporada será o momento de sentarnos co Club, de falar, de ver que idea teñen. Aquí estou feliz, contento; pero ao final un sempre quere estar onde lle queiran, onde se sinta valorado".

Concentracións

"Todos levamos moitos meses en casa e non sei se sería bo agora ter unha concentración de moitos días nun hotel. Se hai que facelo farase, pero ao final tampouco ten moito sentido se agora fas unha concentración dunha semana, volves competir e daquela todos ímonos á nosa casa unha vez que comece a competición".

Equipo en postos de descenso

"Nós temos que preparar o partido do Sporting como unha final. Tentar conseguir aí os 3 puntos porque tampouco sabemos de certo se se vai a terminar a competición".

Factible que haxa liga

"Creo que si. Todo apunta a que van facer todo o posible para que haxa liga. Prepararnos para todos os escenarios, o mellor posible para empezar a liga. Tampouco sabemos se polo que sexa non se vai a poder terminar. Tentar empezar o mellor posible e sumar canto antes".

AFE e Fernando Morientes

"Non estou moi posto nese tema. Lin varias cousas pero tampouco quero dar unha opinión sen contrastar toda a información".

"Lin esta mañá como que Fernando Morientes igual se presentaba. Sinceramente non teño toda a información e tampouco podo dar unha opinión".

Golpeo a balón parado

"Ao final son calidades que leva un dentro. Igual o primeiro día cústache un pouco pero iso é algo que, ao levalo dentro, unha vez que empezos a xutar xa vai estar todo ben".

Condicións para renovar a competición: no verán, sen público...

"Ao final estase tentando amoldar a todo isto. A ninguén nos gusta xogar sen público porque é algo primordial que ten este deporte. Pero ao final témonos que amoldar a iso e dar todo o que temos dentro, como calquera outro traballador que empezou agora co seu traballo".

Primeira semana de traballo en Abegondo

"Estamos a traballar con fatiga. Tampouco temos moita marxe de manobra. Os adestramentos son máis guiados a traballar con esa fatiga, moita carreira continua. Ao final trátase de cargar todas as pernas, de traballar con esa fatiga. A partir da semana que vén a ver se podemos cambiar un pouco os adestramentos".

Protocolo para adestrar, medidas de protección, medo aos contaxios...

"Medo claro que hai. Como non imos ter medo despois de todo o que está a pasar? Tamén penso que o risco 0 non o temos nós nin ningún outro traballador. Eu dentro do risco si que sinto seguro. Esta semana que vimos aquí eu síntome seguro. Tal e como está a suceder todo, ninguén nos di que dentro dun ano vaiamos ter risco 0. O que estamos a facer estamos a facelo ben e se somos cautos e facemos as cousas con cabeza non creo que haxa maior problema".

Ganas de competir ou medo

"Algo de medo imos ter. É imposible non telo, pero eu teño moitas ganas de volver á miña vida normal, de volver adestrar normal, de volver competir, que é o polo que traballamos".

O Dépor que regresará á liga

"O equipo repúxose moi ben no parón de nadal e creo que se vai a repor agora".

Día a día no confinamento

"Tentaba manterme en forma. Polas mañás traballaba as miñas dúas horiñas. Por sorte tiña unha casa grande e podía facer os meus exercicios. Logo podía estar coa familia, aproveitar eses intres que noutras ocasións non temos. O día a día era un pouco ese".