RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Albentosa e Lux, felices en zona mixta por unha vitoria ''merecida'' e ''esperada''

  Un dos capitáns, Poroto Lux, e Raúl Albentosa compareceron ante os medios informativos na zona mixta de Riazor.

Lux cre que a vitoria foi "axustada, creo que merecida. Loitamos, cremos ata o final. Fomos superiores ao Sporting. Quizais non creamos tantas situacións claras pero o equipo insistiu, tivo sempre o balón".
 
O internacional arxentino apunta que "as sensacións non se reflectían cos puntos que tiñamos na clasificación. O equipo traballa, compite, entrégase ao máximo. O grupo é moi bo. Mereciámonos/Mereciámosnos o que pasou, a vitoria. Estamos todos xuntos".
 
Quixo agradecer "a entrega e dedicación de todos os compañeiros, tamén compañeiros que quedan fóra da convocatoria como Alex, como Rubén".
 
Pola súa banda, Raúl Albentosa opina que esta vitoria "a necesitabamos, esperabámola como se adoita dicir como auga de maio. Non se nin que dicir, a verdade".
 
O central deportivista lembra que "isto cambia nun minuto. Se empatásemos, fósemos malos. No 91 Babel meteu un golazo e vese todo doutra maneira. Eu creo que é o traballo do día a día e o traballo partido foi bo, moi bo".