RCD / NOVAS

Alberto Quiles, xogador Estrella Galicia do Dépor en setembro

14/10/2021 16:50

O dianteiro andaluz do Real Club Deportivo, Alberto Quiles, recibiu esta mañá na Cidade Deportiva de Abegondo o premio ao xogador Estrella Galicia do primeiro mes de competición.

O goleador branquiazul acumulou o 57% dos 5.810 votos cos que se pechou a enquisa en Twitter e Instagram, por diante de Ian Mackay (32,6%) e Álex Bergantiños (10,4%). O tres foron elixidos como aspirantes ao premio polos xornalistas que cobren a actualidade do Dépor e que valoraron as súas actuacións no cinco primeiros partidos do campionato, contra RC Celta B, CD Tudelano, CD Calahorra, CD Badaxoz e Unionistas de Salamanca CF.

Quiles situouse como o máximo goleador deportivista neste arranque de temporada, acumulando xa catro tantos, todos eles anotados nese cinco primeiros encontros do curso.

Máis novas de: QUILES