RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Álex Cobo cre que o futuro "vai ser o momento das canteiras, da xente nova"

Álex Cobo, capitán do Fabril e terceiro porteiro do primeiro equipo, pasou hoxe pola sala de prensa virtual do RC Deportivo.

Estas foron as súas frases.

Política do Club na portería do primeiro equipo
"É normal que o Club se cubra as costas traendo un segundo porteiro con máis experiencia en categorías superiores como pode ser Segunda B e Terceira, que é onde está o Fabril nas últimas temporadas. Creo iso si que na posición do porteiro suplente igual podíase arriscar un pouco máis. Non vai ter tantos minutos como un xogador suplente. É unha decisión que se toma e hai que respectar. É un traballo moi difícil apostar pola canteira pero a partir de agora vaise a levar máis a cabo".

Citación co primeiro equipo
"Aínda estamos a traballar en casa. O preparador físico, Manuel Pombo, deunos un toque para que esteamos atentos á posible incorporación aos adestramentos individuais. Estamos atentos a ver que pasa este luns".

Día a día no confinamento
"A miña corentena está a ser como a de todos. Estou a adestrar polas mañás e polas tardes co plan que nos mandan desde o Club. Vinme noutras facetas: na cociña, cos meus amigos facendo videochamadas e vendo algunha serie como calquera persoa agora mesmo, con tanto tempo libre en casa".

Adestramentos co primeiro equipo esta temporada
"Síntome un privilexiado adestrando co cadro do primeiro equipo. Como compañeiros son incribles, son magníficos; e a acollida dentro do vestiario é boísima sempre. E máis cos porteiros, con Yván (Castillo), adestrador de porteiros. Aprender deles é un privilexio e estar con eles esta temporada foi espectacular".

Final da temporada
"Creo que non se vai a xogar (de Segunda B cara abaixo). Nestas categorías, establecer un protocolo de Sanidade, con todos os xogadores que somos, é moi difícil. Se se xoga Primeira e Segunda vai ser máis por temas económicos que deportivos".

"O meu desexo é que se acaben as competicións. O máis lóxico sería facer un formato express nunha serie única, que a xente non se tivese que desprazar. En caso de haber contaxios, que houbese o menos posible".

Valor da canteira no futuro
"Vai haber unha crise económica importante. Os clubs vano a notar. Vai ser o momento das canteiras, da xente nova, como xa falamos con compañeiros do Fabril. Creo que están preparados. Ao final adestrar co primeiro equipo, e competir cun corpo técnico como tivemos esta temporada fai que teñas o nivel, intensidade e preparación necesaria para poder competir coa xente maior".

Regreso de ex xogadores a #ANOSACANTEIRA
"Ter a xente da casa como Manuel Pablo, Valerón... é positivo para o Club e para a xente que vén de abaixo. Verse reflectido en alguén próximo é o mellor que che pode pasar".