RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Álex cualifica o partido de "espeso" e Edu márchase "cunha sensación mala"

Álex Bergantiños e Edu Expósito foron os protagonistas na zona mixta do Estadio ABANCA-RIAZOR.

O capitán deportivista lembrou que o Nàstic "é o pechacancelas, pero con moitos reforzos despois de Nadal. É un equipo que cambia bastante de xogadores sempre".

Definiu o partido como "un pouco espeso, un pouco atrancado. Fixemos o difícil que é poñernos por diante e ao final, ao levar o resultado tan axustado, ao non meter o segundo, arríscaste a iso. Eles xogaron máis directos, xeráronnos perigo nalgunha falta e atopáronse con ese gol".

Sostén o mediocentro coruñés que "por ocasións merecemos gañar. Tivemos a do pau ao final. Un partido que non che queda boa sensación, pero a seguir traballando".

Pola súa banda, Edu Expósito, autor do único tanto deportivista, manifestou que leva "unha sensación mala. Métenche nos últimos minutos cando parece que o partido o tes aí. Hai que levantarse desta e continuar".

O centrocampista branquiazul recoñeceu que "despois do gol tivemos esas oportunidades para poñernos cunha vantaxe máis grande. É verdade que nos últimos minutos eles puxéronnos as cousas moi difíciles".

A nivel persoal, confesa que "tentamos conseguir" que o Edu Expósito do Dépor parézase cada vez máis ao Edu Expósito do Fabril.