RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Álex fala de "impulso moral" e Quique pide tamén "analizar as cousas que non fixemos ben"

Álex Bergantiños e Quique González atenderon aos medios de comunicación na zona mixta do Novo Estadio dos Cármenes.

O capitán deportivista valorou a vitoria ante "un destes equipos que concede moi pouco e compite ben. Demos un pasiño adiante en canto á competitividade fóra de ABANCA-RIAZOR. Ao final decidiuse por un detalle. Sentímonos cómodos tamén saíndo cando contraatacabamos. O equipo soubo sufrir e dar un paso en canto a como se compite fóra da Coruña".

O mediocentro coruñés explica o sufrimento dos últimos minutos: "Ao final eles apertan, meten moita xente arriba, son fortes".

Ten claro que o gol anulado por man está ben invalidado: "Foi clarísimo. Soou a palma da man como a golpea. Unha sorte de que o árbitro estivese acertado e viuno ben. Non é unha acción fácil para el".

Álex conclúe que o partido era moi importante: "Gañara Osasuna e Albacete tamén. Está moi apertada a parte de arriba. Para nós gañar aquí, á parte do golaverage, é un impulso de moral. Hai un par de semanas o equipo non gañaba fóra de ABANCA-RIAZOR e gañar en campos importantes para o que nos vén, Málaga, Pamplona, campos moi difíciles".

Pola súa banda, Quique González, decisivo co seu gol, pide "manter a calma. Temos que gozar dunha vitoria nun campo tan complicado, pero o sábado hai outro rival que non está aí arriba pero que che vai a pór as cousas moi difíciles. Gozar e analizar as cousas que non se fixeron tan ben como queriamos. Sempre é mellor corrixir os erros despois dunha vitoria".

O dianteiro deportivista manifestou que "meter goles é algo moi bonito cando es xogador de fútbol e dianteiro. Era o 0-1, xusto na portería onde estaba a nosa xente. Moi feliz. Traballo moito no día a día para momentos así. Estou feliz polo Deportivo que suma 3 puntos, que está aí arriba".