RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Álex lembra que "isto pode dar moitísimas voltas" e Quique é "optimista desde xa"

Álex Bergantiños, capitán do RC Deportivo, e Quique González, bigoleador esta noite, foron os protagonistas na zona mixta de ABANCA-RIAZOR.

O mediocentro coruñés definiu o partido como "moi intenso ante un equipo que xa na ida complicounos moito as cousas. Ao final escapáronsenos os puntos cun acerto deles".

Pide agora Álex Bergantiños "ter a mente o máis fría posible. Saber que despois deste mes, pasase o que pasase, ían quedar aínda 10 partidos de competición. Isto pode dar moitísimas voltas. Pensar no seguinte. Tentar recuperarnos, animarnos".

Recalca que "queda tempo aínda e temos posibilidades de darlle a volta a esta situación e volver enlazar partidos gañando".

Pola súa banda, Quique González confesa que "estamos fodidos. Non hai outra que ser optimistas, positivos. Eu desde xa o son. Os meus compañeiros tamén o son. Agora non temos ese chisco de sorte. Nos últimos partidos, o equipo contrario ten dúas ocasións ou unha e métea. E o porteiro fai o mellor partido da temporada. Contra todo imos loitar. Positivo e optimista desde xa".

O dianteiro deportivista insiste en que "non queda outra que levantarse. Ímolo a facer. Hai moitos partidos en xogo, moitos puntos. O domingo temos outro partido importante que queremos gañar".

Recoñece que "os últimos minutos que estás no vestiario antes de estar aquí estás moi fodido. Pero vaste a casa e hai que ser optimistas desde xa".