RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Amigable do Alevín B mañá martes en Abegondo contra a Selección Coruñesa sub-12

O Alevín B do Deportivo ten programado mañá martes 4 de febreiro un amigable de preparación. Será no campo de herba sintética de Abegondo, a partir das 19:00 horas, ante a Selección Coruñesa sub-12.

O conxunto deportivista marcha líder do grupo de Primeira C A Coruña con 24 puntos despois de 8 xornadas disputadas; con 3 puntos de vantaxe sobre o seu inmediato perseguidor, o Victoria CF C, que ten 21 puntos.

Este sábado 8 de febreiro, o Alevín B mídese ao Ural CF C con motivo da 9ª xornada ligueira.