RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Amigable do Fabril FC Alevín mañá xoves pola tarde en Abegondo

O Fabril FC Alevín, que non ten competición oficial esta fin de semana, disputa mañá xoves 29 de abril un partido amigable fronte ao San Tirso SD A. Será ás 19:00 no campo de herba sintética da Cidade Deportiva.

O pasado sábado 24 de abril, o encontro na Cidade Deportiva da Torre do Fabril FC Alevín ante o Imperátor OAR A foi suspendido debido a unha forte tormenta que a esa hora azoutou A Coruña e a súa comarca.

Agora, será a Federación Galega a que fixe unha nova data para a disputa deste partido, correspondente á 2ª xornada no grupo B da Primeira Autonómica A Coruña de fútbol oito.

O Fabril FC Alevín comezou a súa andaina nesta competición cun triunfo (11-0) ante o Imperátor OAR C.

Conforman este grupo ademais o Imperátor OAR A e Orillamar SD A; e o formato de competición será de liga a dobre volta.

A fin de semana do 8 ou 9 de maio, o Fabril FC Alevín medirase o Orillamar SD A na 3ª xornada.

Os resultados do equipo branquiazul que preparan Alberto Suárez e Arsenio Velasco en liga son os seguintes:

Fabril FC Alevín 11 (Martín Forján -4-, Lucas Vázquez -2-, Iago Lameiro -2-, Pablo Vara, Raúl e Gabi) - Imperátor OAR C 0
Imperátor OAR A - Fabril FC Alevín, suspendido