RCD / NOVAS

Amigable mañá martes do Alevín B en Abegondo, co Atlético Coruña Montañeros CF como rival

23/09/2019 12:45

O Alevín B ten mañá martes 24 de setembro un novo test de pretemporada. Será no campo de herba sintética de Abegondo (19:00 horas) co Atlético Coruña Montañeros CF como rival.

O conxunto que dirixe Luis Pastur tiña previsto participar o sábado 21 de setembro no 9º Memorial Manuel Andújar no campo do Conco (Dumbría). O torneo foi aprazado debido á ameaza de temporal.