RCD / NOVAS

Amigables do Alevín B e Benxamín B mañá martes contra o Galicia Caranza

21/10/2019 19:56

Dous equipos de #ANOSACANTEIRA, Alevín B e Benxamín B, teñen compromiso amigable, aproveitando o parón que hai esta próxima fin de semana no Torneo A Coruña - As Mariñas.

Os dous equipos branquiazuis enfróntanse mañá martes 22 de outubro ás 19:00 horas no campo de herba sintética de Abegondo aos respectivos equipos alevín e benxamín do Galicia Caranza.

O Alevín B é líder do grupo B do Torneo A Coruña - As Mariñas con 6 puntos; mentres que o Benxamín B marcha na segunda posición no grupo B da súa categoría, neste caso con 3 puntos.