RCD / NOVAS

Andone e Mosquera falan dun punto importante no aspecto anímico

07/01/2018 22:37

Florin Andone e Pedro Mosquera atenderon aos medios de comunicación na zona mixta do Estadio de la Cerámica.

O dianteiro romanés, autor do gol do empate, indicou que "para nós é un punto moi importante porque é empezar o ano con confianza nun estadio moi complicado".

"En fases do partido fomos superiores, creo que o resultado é xusto", apostilou o goleador deportivista.

Sobre a súa titularidade, a primeira desde a chegada de Cristóbal ao banco deportivista, Andone afirmou que "estou moi contento por poder axudar ao equipo, que se saiba que eu estou aí, para traballar ao máximo polo ben do equipo".

Pola súa banda, o capitán deportivista Pedro Mosquera destacou que o equipo logrou "un punto moi importante fóra de casa", grazas a que "fixo un partido moi serio defensivamente, pelexou moitísimo".

"Estivemos metidos no partido os 90 minutos e logramos un punto que animicamente nos vén moi ben", sinalou.

Máis novas de: ANDONE, PEDRO MOSQUERA