RCD / NOVAS

Andone e Pantilimon, citados por Romanía

18/09/2017 13:48

Florin Andone e Costel Pantilimon foron convocados pola Selección Romanesa de fútbol para dous partidos oficiais o próximo mes de outubro, clasificatorios para o Mundial de Rusia 2018.

Así, o xoves 5 de outubro Romanía recibe a Kazajistán (21:45, hora local) no Estadio Ilie Oanâ da cidade de Ploiesti.

E o domingo 8 de outubro, os romaneses visitan a Dinamarca (18:00, hora local) no Estadio Telia Parken de Copenhague.

Os dous xogadores do Dépor incorporaranse ao seu equipo nacional o domingo 1 de outubro, tras o partido que o conxunto deportivista xogará o sábado 30 de setembro (13:00 horas, Bein Laliga) no Estadio ABANCA-RIAZOR ante o Getafe.

Romanía marcha cuarta clasificada do grupo 5 de clasificación para o Campionato do Mundo de Rusia 2018, con 9 puntos. Lidera o grupo Polonia (19 puntos), seguido por Montenegro e Dinamarca (ambos con 16 puntos), co que Romanía xa non ten opcións de coarse na fase final.

Bakkali entra na preconvocatoria de Bélxica Sub-21

Zakaria Bakkali foi preconvocado pola Selección Belga Sub-21 para disputar dous partidos oficiais no próximo parón ligueiro de seleccións nacionais.

O venres 6 de outubro, Bélxica recibe a Suecia, e o martes 10, o combinado belga visita a Chipre. Ambos os partidos son clasificatorios para o Campionato de Europa da categoría.

Nos próximos días, a Federación Belga de Fútbol fará pública a lista definitiva. En caso de ser citado, Bakkali incorporarase o martes 3 de outubro á concentración do equipo.

Máis novas de: ANDONE, PANTILIMON, BAKKALI